Pranchas de Nefi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segundo o Libro de Mormón, as Pranchas de Nefi, compostas polas pranchas menores e as pranchas maiores, serían unha suposta colección de pranchas de ouro gravadas que contarían a historia dos nefitas, e que foron presuntamente traducidas polo profeta mormón Joseph Smith para dar lugar ao Libro do Mormón.

As pranchas maiores, escritas polo profeta Nefi narrarían a historia do pobo nefita dende a súa saída de Xerusalén no século VII a.C ata a súa destrución en Norteamérica no século IV d.C. Non existe ningún tipo de evidencia histórica que apoie este relato. As pranchas serían supostamente conservadas por Mormón logo da destrución nefita, que llas pasaría ao seu fillo, o tamén profeta Moroni, quen llas daría ao fundador do mormonismo en 1827. As pranchas inclúen a suposta historia dos nefitas, en particular as súas guerras contra os lamanitas, así como psalmos, profecías e leccións morais.

As pranchas menores son unha escritura alternativa, supostamente inspirada por Deus, que fixo o profeta Nefi para destacar algunhas partes das pranchas maiores. As pranchas pasaron de rei en rei, engadíronselle distintos documentos e ao final foron a dar ao tamén ficticio profeta Moroni, quen llas pasou a Joseph Smith.