Pralhad Keshav Atre
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1898 ![]() Sasvad, India (pt) ![]() ![]() |
Morte | 13 de xuño de 1969 ![]() Bombai, India ![]() |
Member of Maharashtra Legislative Assembly (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Fergusson College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, dramaturgo, mestre, produtor de cinema, guionista, político, autobiógrafo, xornalista, director de cinema ![]() |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978 Pune Heritage (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Prahlād Keshav Atre, nado en Kodit 13 de agosto de 1898 e finado o 13 de xuño de 1969, foi un escritor, pedagogo, político, editor, director e guionista marathi, popularmente coñecido como Āchārya Atre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no colexio de Saswad e logo en Pune e mais maxisterio en Mumbai, perfeccionando os seus estudos en Londres en 1928 e 1929. Fundou un centro de ensino para rapazas, cun modelo pedagóxico novo fóra da tradicional ortodoxia india, editando dúas series de libros de texto, escribindo tamén contos e teatro para nenos. Artista multifacético, Atre comezou publicando poesía, pero a partir da década de 1930 centrouse no teatro, escribiu 22 obras, en xeral cun ton humorístico e paródico, pero tamén escribiu outras máis serias, tratando o status da muller na sociedade hinduísta. Todas as súas obras foron un éxito de público, e contribuíron ao rexurdimento do teatro marathi, que pasaba por unha crise pola aparición do cinema e pola falta de novos temas.[1] Tamén escribiu 13 coleccións de relatos, varios libros con artigos xornalísticos e dúas autobiografías, Mi Kasā Jhālo e Karheche Pāni.
Tivo un primeiro contacto co cinema en 1935 ao adaptar unha obra de Ram Ganesh Gadkari como guión para o filme Thakicha Lagna de Vishram Bedekar e xa máis tarde escribiu os guións, adaptados das súas coleccións de relatos, de Brahmachari (1938) e Brandichi Bātali (1939) de Master Vinayak.[2] Canda Vinayak, Baburao Pendharkar e Pandurang Naik estableceu a produtora cinematográfica, Navyug Chitrapat pero tras producir o seu primeiro filme en 1940, Atre deixouna para formar a súa propia, Atre Pictures.[3] En 1953 dirixiu o filme Shyamchi Aai que gañou o premio nacional ao mellor filme indio en 1954. E en 1955 dirixiu 'Mahatma Phule.
Fora concelleiro de Pune entre 1936 e 1938 polo Partido do Congreso. Fundou o semanario Navayag en 1940 para propagar o ideario do seu partido[4]. Logo da independencia pasou ao Partido Socialista e foi concelleiro en Mumbai. En febreiro de 1956 estivo entre os fundadores do movemento Sanyukta Maharashtra Samiti, que buscaba a constitución dun estado separado para Maharashtra con capital en Mumbai. En novembro de 1956 fundou o xornal Maratha que tivo un papel salientable para difundir os ideais do movemento.[5] Tras a creación do estado de Maharashtra foi deputado do Maharashtra Vidhan Sabha pola circunscrición de Dadar (18) entre 1962 e 1967.
Obras
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- Gharābāher (1934)
- Sāshtāng Namaskār (1935)
- Bhramāchā Bhopalā (1935)
- Udyāchā Sansār (1936)
- Lagnāchi Bedi (1936)
- Moruchi Māwashi (1947)
- To Mi Navhech (1962)
Ensaio e narrativa
[editar | editar a fonte]- Atre Uwāch (1937)
- Lalit Wāngmaya (1944)
- Chāngunā (1954)
- Battāshi Wa Itar Kathā (1954)
- Samādhiwaril Ashru (1956)
- Mahātmā Jyotibā Phule (1958)
- Hashā Āni Tālyā (1958)
- Kelyāne Deshātan (1961)
- Suryāsta (1964) (sobre a vida de Jawaharlal Nehru)
Poesía
[editar | editar a fonte]- Zenduuchi Phule (1925)
Autobiografías
[editar | editar a fonte]- Mi Kasā Jhālo (1953)
- Karheche Pāni (5 volumes)(1963-1968)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Patil, Namdev D (2012) Social Realism in the Selected Plays of P K Atre and John Galsworthy - A Comparative Study (tese) Shri Jagdishprasad Jhabarmal Tibarewala University
- ↑ Ashish Rajadhyaksha e Paul Willemen (2014). Encyclopedia of Indian Cinema. Routledge. p. 47.
- ↑ K. Moti Gokulsing e Wimal Dissanayake (2013). Routledge Handbook of Indian Cinemas. Routledge. p. 77.
- ↑ Datta, Amaresh (1987). Encyclopaedia of Indian Literature. Sahitya Akademi. p. 265.
- ↑ Thakare, Ashish Nareshrao (2015). "The Role of Marathi Newspapers in Samyukta Maharashtra Movement" (PDF). International Journal of Applied Research 1 (12): 435–436.