Praia do Pendón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Praia do Pendón é un areal situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños, a carón da senda marítima. Preto dela está o club náutico do concello e un museo taberna en proceso de construción.

Está situada no estuario do río Anllóns, preto xa da ría de Corme e Laxe.

A súa flora e fauna son moi especiais, xa que a barra é un lugar de parada das aves migratorias. Dende esta praia pódense divisar moitas especies de aves que son difíciles de encontrar noutros lugares, como por exemplo a gaivota, o corvo mariño, mazarico ou parrulos e outras aves menos frecuentes como: garzas, garzotas, píllaras, ou gabitas.

Está equipada cun pequeno aparcadoiro e ducha, e en verán conta con servizo de socorrismo.

Pódese practicar a pesca deportiva, e é frecuente ver grupos de persoas practicando esta actividade. Tamén é un sitio propicio para piragüismo ou windsurf.