Praia de Voramar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Voramar
Coordenadas: 40°03′24″N 0°05′04″L / 40.05658, 0.08456
Características xerais
LocalizaciónBenicàssim
Lonxitude550 m
Largo medio50 m
Grao de ocupaciónMedia-Alta
Características específicas
Tipo de areaFina

A praia de Voramar é unha praia do concello de Benicàssim, na provincia de Castelló. Ten unha lonxitude de 550 metros por 50 de largo e limita ao norte co concello de Orpesa e ao sur coa praia de l'Almadrava.

A achega de area natural e un espigón facilitaron que esta praia teña unha superficie considerable. A súa contorna está delimitada polo paseo marítimo da localidade que separa a praia dos chalés. Atópase nunha zona urbana e ten saída de embarcacións.

Ten o distintivo de bandeira azul dende 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]