Praia de Ipanema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ipaneman beach Rio de Janeirossa.jpg

A praia de Ipanema localízase no barrio de Ipanema, na Zona Sul da cidade do Río de Xaneiro, no Brasil. É unha das praias máis coñecidas da cidade, perde en popularidade apenas pola praia de Copacabana, onde se realiza todos os anos o reveillon da cidade.

Características[editar | editar a fonte]

A praia de Ipanema inspirou o compositor Vinícius de Moraes cando creou a canción Garota de Ipanema, da cal Tom Jobim foi responsábel da melodía. A praia é un punto de reunión de xente nova, principalmente próximo ao posto 9, frecuentado por moitos artistas. Alén de ser un punto de encontro tradicional para moradores e turistas, a praia dálle pulo á práctica de diversos deportes. Entre as actividades favoritas están o skiboard surf, frescobol, volei, fútbol, futvolei. Os principais campionatos de volei praia transmítense para todo o Brasil.

A praia de Ipanema é tamén palco de shows ao ar libre, que acontecen á noite preto do canal que divide o barrio do Leblon. Hai desde concertos de música clásica a presentacións de artistas consagrados. No 2008, por exemplo, o concerto Bossa Nova 50 Anos contou coa participación dos maiores nomes do xénero musical, historicamente ligado ao barrio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]