Praia de Guadamía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Guadamía
Praia de Guadamía coa marea baixa.
Coordenadas: 43°27′18″N 4°58′54″O / 43.4550544, -4.98168944
Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónLlanes, Asturias
Lonxitude80 m
Largo medio120 m
Grao de ocupaciónMedio
Grao de urbanizaciónSemiurbana
Paseo marítimoNon
Características específicas
Tipo de areaBranca e fina
Condicións do baño
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Zona protexidaSi
Seguridade
Sinalización do perigoSi
Accesibilidade
Tipo de accesoPeonil

A praia de Guadamía, tamén coñecida como praia de Aguamía ou de L'Aguada,[1] atópase na localidade de Llames, na desembocadura do río Guadamía, que marca o límite entre os concellos de Llanes e Ribeseya.[2] Enmárcase nas praias da Costa Verde e está considerada paisaxe protexida desde o punto de vista medioambiental (pola súa vexetación e tamén polas súas características xeolóxicas). Por este motivo está integrada na Paisaxe Protexida da Costa Oriental de Asturias.[3]

Descrición[editar | editar a fonte]

A praia presenta unha forma irregular e accédese a ela por un antigo camiño de carros que vai dende a vila de Llames. Tamén existen dous accesos a pé pola ladeira de Cuerres.

A praia non conta con servizo algún, agás o da súa limpeza.[2] Arrodeada de cantís (que están cheos de furnas e bufóns —estreitas chemineas verticais polas que a auga sae con forza facendo un grande estrondo) podería considerarse un marco idóneo para o estudo da modelaxe kárstica.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guía total de las playas de Asturias. 244 rincones para disfrutar de la costa asturiana. Alejandro del Río. Ediciones Nobel. 2013. ISBN 978-84-8459-669-1 Pág.231
  2. 2,0 2,1 Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. "Guía de Playas: Guadamía / Aguamía". Consultado o 21 de xullo de 2019. [Ligazón morta]
  3. "Guía de playas". magrama.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  4. "Acantilados y playa de Guadamía". www.ribadesella.com. Consultado o 18 de novembro de 2020.