Saltar ao contido

Praia-barreira-lagoon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia-barreira-lagoon
Imaxe
 Subclase de
Códigos e identificadores
Freebase/m/0l154 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Imaxe satelital da Lagoa dos Patos, en Brasil.

En xeografía física, unha lagoa costeira, tamén coñecida co anglicismo lagoon, é un corpo de auga pouco profunda localizada no litoral separada do resto de augas profundas (ben sexa océano, mar ou outra masa de auga) por unha illa barreria, un cordón litoral, un banco de area de orixe marino, un escollo coralino ou calquera outro accidente similar que delimite as dúas porcións de auga[1]. Cando o elemento que fai de barreira é unha praia ou cordón eólico dunar tamén recibe a denominación de complexo praia-barreira-lagoon, denominación moi empregada de xeito formal pola comunidade científica. En zonas da España mediterránea tamén reciben o nome de albufeiras.

As lagoas costeiras teñen un contacto restrinxido co resto do mar aberto, que pode ser temporal ou permanente. Habitualmente a barreira adoita ser froito de produtos sedimentarios. A costa galega contén numerosos exemplos de lagoas costeiras, como por exemplo as múltiples lagoas dentro do parque natural de das dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.[2]

A orixe xeolóxica das lagoas costeiras podería elevarse até unha marxe de entre 6000 e 8000 anos, coa subida do nivel do mar durante o Holoceno.

Lagoa de Carregal, dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo, cunha pequena saída ao mar.

Formalmente existe unha superposición entre os corpos de auga clasificados como lagoas costeiras e os corpos de auga clasificados como estuarios. En moitas lagoas costeiras e estuarios proliferan ecosistemas de tipo marisma, con vexetación herbácea, algas; tipo barreira coralina, ou de tipo xunqueira, entre outras.

Descrición e característricas

[editar | editar a fonte]

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

Xeolóxicamente, as lagoas costeiras son elementos efémeros e moi dinámicos. Desde a súa formación apenas duran uns 1000 anos, para posteriormente evolucionar a lagos ou lagoas illadas, ou ben unificarse co mar coa desaparición da barreira.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

As lagunas costeiras son zonas de transición entre o mar e as terras emerxidas, e a súa fauna e flora está en consonancia coas condicións ambientais que iso significa. As plantas adoitan estar adaptadas á salinidade e contribúen á estabilización dos sedimentos. Así, podemos atopar:

  • Plantas emerxentes: carrizas (Phragmites) e xuncos (Juncus)
  • Plantas halófitas (tolerantes ao sal): salicornia, spartina
  • Plantas subacuáticas: fanerógamas mariñas (como Zostera)
  • Microflora: fitoplancto e algas microscópicas (base da cadea trófica)

A fauna das lagoas costeiras depende moito de onde se localice. Porén, as aves constitúen unha das clases máis importantes. Ademais, as lagoas consteiras teñen un papel fundamental na migración destas. Ademais das aves, no hábitat de lagoa costeira conviven peixes que moitas veces entran e saen á lagoa pola conexión da lagoa co mar. Tamén se poden atopar anfibios e gran cantidade de invertebrados.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

As lagoas costeiras poden clasificarse en función da súa xeomorfoloxía, o grao de conexión co mar ou o tipo de ecosistema local:[3]

  • Permeábeis ou abertas: teñen un comportamento moi dinámico pois están moi conectadas co mar. Isto produce que a súa salinidade sexa similar a este, que se vexan moi afectadas polas mareas e que haxa moito intercambio e renovación de auga.
  • Restrinxidas: seguen a teren conexión co mar, pero só a través dunha boca estreita, polo que intercambio hídrico é limitado e a salinidade menor.
  • Estranguladas: son sistemas practicamente pechados, moi reducidos ou incluso illados en moitas épocas do ano. A auga, máis influenciada polo aporte pluviométrico ou de cursos accesorios, adoita ser máis doce, de tipo salobre.

Lagos costeiras en Galicia

[editar | editar a fonte]
A lagoa de Xarfas ou Louro é unha das Zonas de Especial Conservación de Galicia.

En Galicia podemos atopar as seguintes lagoas costeiras:

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • R. S. K. Barnes. Coastal Lagoons (1980). Cambridge Studies in Modern Biologu. ISNN: 9780521299459.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Kjerfve, Björn (1994). Chapter 1 Coastal Lagoons (en inglés) 60. Elsevier. pp. 1–8. ISBN 978-0-444-88258-5. doi:10.1016/s0422-9894(08)70006-0.
  2. Vilas, Federico (1987). "El complejo de playa-lagoon de Corrubedo y los submedios característicos. Galicia, NW. España.". Acta Geológica Hispánica.: 233–243. ISSN 1695-6133.
  3. "Bio Publisher Chronicles". Bio Publisher Chronicles (en inglés). 2023-04-25. doi:10.5376/ijms.2013.03.0023. Consultado o 2026-03-17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]