Prada (empresa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prada

Tenda de Prada na Galería Vittorio Emanuele II, en Milán.
TipoPública
Fundación1913 (como Fratelli Prada)
LocalizaciónMilán, Italia
FundadorMario Prada
IndustriaModa
Número de empregados12 414 (2015)
Na rede
https://prada.com e https://www.pradagroup.com/
Facebook: Prada Twitter: Prada Instagram: prada Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Prada é unha firma italiana adicada á moda. Fundada por Mario Prada en 1913 como Fratelli Prada (en galego: Irmáns Prada), a firma deu un xiro radical coa chegada á xerencia de Miuccia Prada, neta do fundador, en 1978.

A casa lanzou a colección de baixo custo Miu Miu en 1992, e adquiriu Fendi a comezos dos anos 90, firma que vendeu posteriormente a LVMH nun período de dificultades financeiras.

Dende 2003 tamén comercializa perfumes, en colaboración coa empresa catalá de moda Puig.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A firma foi fundada por Mario Prada en 1913. Dedicada á confección e venda de bauis, bolsos, maletas e zapatos nas súas dúas tendas en Milán.

En 1978 a empresa comeza a súa etapa máis decisiva, ao entrar Miuccia, neta do fundador, na compañía. Miuccia Prada licenciárase en Ciencias Políticas e amais estudara cinco anos de interpretación no Teatro Piccolo de Milán. Malia que a súa preparación non semellaba a apropiada, tiña un sentido estético novidoso e, segundo algúns, infalible. Por aquela entón, a marca seguía producindo principalmente artigos de coiro, e atravesaba anos de dificultades económicas. A competencia doutras firmas de moda semellantes, como Gucci, estaba a perxudicala bastante. Miuccia tornou a situación cambiando a traxectoria da firma, levandoa ao sector do prêt-à-porter de luxo.

En 2003 a compañía catalá de moda e perfumes Puig comezou a colaborar coa marca.

Arquitectura das tendas[editar | editar a fonte]

Prada encargou o deseño das súas novas tendas en Nova York, San Francisco e Os Ánxeles ao estudio holandés de arquitectura OMA/Rem Koolhaas.

En 2005, preto das cidades de Valentine e Marfa, en Texas, os artistas escandinavos Michael Elmgreen e Ingar Dragset deseñaron o Prada Marfa, unha escultura que semella unha pequena tenda de Prada. O edificio foi parcialmente financiado pola Fundación Prada.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]