Príncipe de sangue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A expresión príncipe de sangue apareceu en Francia no século XV para designar aos membros masculinos das liñaxes descendentes de san Luis que eran aptos para acceder á coroa en caso de extinción da familia real (o rei, os seus fillos e os seus netos). O termo substituíu aos de príncipes das flores de lis e príncipes do sangue de Francia.

Membros dos príncipes de sangue ocuparon o trono en tres ocasións por extinción da familia real: en 1498 (Luís XII, membro da casa de Orleans), en 1515 (Francisco I, da segunda rama da casa de Orleans) e en 1589 con Henrique IV, da casa de Borbón. Porén, Filipe VI da casa de Valois, que sucedeu a Carlos IV, non era príncipe de sangue, aínda que a expresión é posterior á súa ascensión ao trono.