Posidipo de Pela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPosidipo de Pela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 310 a. C. Editar o valor em Wikidata
Pela, Grecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte240 a. C. Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Alexandría Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , epigramatista Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Representación de Posidipo de 1912 debida a John Pentland Mahaffy (1839 - 1919).

Posidipo de Pela (Ποσείδιππος Poséidippos), nado en Pela, Macedonia, ca. -310 e finado ca. -240, foi un poeta e comediógrafo grego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou en Exipto durante o século -III. Como poeta é coñecido sobre todo por un moi coñecido epigrama dialogado sobre a deusa Fortuna e a estatua de Lisipo na Anthologia Graeca, XVI, 275, impregnado de desengano, que serviu de tema aos poetas europeos a través da refundición emblemática de Alciato.

Lisipo, escultor de Sición, man ousada, artesán aprendido,

a túa estatua de bronce ten a mirada de lume no seus ollos,
esa que fixeches na forma de Alexandre. Os persas non merecen

reproches. Hai que perdoar as ovellas que foxen ante un león.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]