Portopí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPortopí
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°33′15″N 2°37′09″L / 39.5542, 2.6192Coordenadas: 39°33′15″N 2°37′09″L / 39.5542, 2.6192
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Baleares
IllaMallorca
MunicipioPalma
Distrito municipal (pt) TraducirPonent Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.067 (2018) Editar o valor em Wikidata

Portopí é un barrio situado no distrito de Ponent de Palma, capital das Illas Baleares, en España.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A súa poboación no ano 2018 era de 3 067 habitantes. Está atravesado pola avenida de Joan Miró e situado entre o final do Paseo Marítimo e a Cala Maior, ao oeste da cidade, e toma o nome dunha cala longa e estreita, resgardada do vento pola Serra de Na Burguesa.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

O seu nome deriva de 'port del pi', "porto do piñeiro" en galego.[Cómpre referencia] A identificación do topónimo coas palabras "porto" e "piñeiro" é antiga, xa que aparece documentada no Liber Maiolichinus como portum de nomine Pini.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde a antigüidade e até a Idade Moderna a cala foi o porto da cidade, e deste uso quedan importantes monumentos. A pesar de que o seu tamaño reduciuse polos depósitos de sedimentos do torrente que desembocaba, na zona chamada la Culassa, desde a guerra civil é de uso militar.

Neste lado da cidade xurdiu unha zona de actividade lúdico comercial que se engadiu ao uso residencial, desaparecendo o uso industrial. Ao lado da cala encóntrase, tamén, o Laboratorio Oceanográfico (inaugurado en 1906 por Odón de Buen), o Centro Meteorolóxico de Baleares, un museo de maquinaria de faro na Torre de Sinais (Torre de Señales ou Torre de Senyals) e o Museo Militar no Forte de San Carlos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Antoni I. Alomar i Canyelles (1995): L'armament i la defensa a la Mallorca medieval. Palma: Institut d'Estudis Baleàrics, pp. 76-77, e 81-82.
  • Antoni Pons (1970): Historia del Reino de Mallorca. Instituciones, cultura y costumbres. Siglos XII-XVII. Tomo V, Palma: Ed. do autor.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]