O nome de Venezuela historicamente atribúese ao cartógrafo italiano Américo Vespucio que acompañou a Alonso de Ojeda nunha expedición naval de exploración en 1499 pola costa noroccidental do país (hoxe coñecido como golfo de Venezuela). A tripulación observou as vivendas aboríxenes erixidas sobre estacas de madeira que sobresaían da auga, construídas polos indíxenas añú. As devanditas vivendas, a modo de palafitas, recordaron a Vespucio a cidade de Venecia en Italia, o que lle inspirou a dar o nome de Venezziola ou Venezuela (Pequena Venecia) á rexión.
Polo xeral, considérase unha lingua illada, aínda que tamén foi clasificada como parte da familia makú-puinave. Un estudo comparativo considerou posíbel unha relación xenética do puinave cun proto-makú e ademais un eventual substrato aínda non coñecido.
Malia ser unha lingua estudada e recoñecida dende hai décadas, como moitas linguas amazónicas, está en risco de desaparecer. O reducido da poboación que a fala e a dificultade da súa pronunciación para os hispanofalantes poden estar entre as causas.> O puinave está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Xa en 1990, os países que participan no Tratado de Cooperación Amazónica recomendaran expandir o Parque Nacional de Canaima cara ao sur para conectalo co Parque Nacional do Monte Roraima no Brasil, cunha xestión coordinada do turismo, a investigación e a conservación. En 1994, o Parque Nacional de Canaima nomeouse sitio Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A Unión Internacional para a Conservación da Natureza realizou unha avaliación de conservación en 2017, que clasificou o Parque Nacional Canaima como unha área de importante preocupación, citando unha protección e xestión ineficaces.