Portal:Serbia/Biografía destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Serbia:

1[editar a fonte]

Nikola Tesla (en cirílico serbio: Никола Тесла), nado en Smiljan Imperio austrohúngaro (hoxe en día Croacia) o 10 de xullo de 1856 e finado en Nova York o 17 de xaneiro de 1943, foi un físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico serbio estadounidense e o promotor máis importante do nacemento da electricidade comercial. Coñécese, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo, desenvolvidas a finais do século XIX e principios do século XX.

Era cidadán do imperio austríaco por nacemento e máis tarde converteuse en cidadán estadounidense. Trala súa demostración de comunicación sen fíos por medio de ondas de radio en 1894 e logo da súa vitoria na guerra das correntes, foi amplamente recoñecido como un dos máis grandes enxeñeiros eléctricos dos Estados Unidos de América. Gran parte do seu traballo inicial foi pioneiro na enxeñaría eléctrica moderna e moitos dos seus descubrimentos foron de suma importancia.

A unidade de medida do campo magnético B do Sistema Internacional de Unidades, o Tesla, foi chamado así no seu honor en 1960, como tamén o efecto Tesla de transmisión sen fíos de enerxía a dispositivos electrónicos, o cal pretendía usar para a transmisión intercontinental de enerxía a escala industrial no seu proxecto inconcluso, a Wardenclyffe Tower (Torre de Wardenclyffe).


2[editar a fonte]

Marija Šerifović, nada en Kragujevac o 14 de novembro de 1984, é unha cantante serbia. Gañou o Festival de Eurovisión 2007 coa canción "Molitva" (en galego, "Unha pregaría"). É filla de Verica Šerifović, tamén unha cantante coñecida. Tamén foi unha dos xuíces en Eurosong para elixir a representación de Irlanda no Festival de Eurovisión 2008 e cantou Molitva para cerrar o programa. Tamén foi membro do xurado internacional do Melodifestivalen 2009 , que seleccionou ao representante de Suecia no Festival de Eurovisión 2009.


3[editar a fonte]

Radivoj Korać (en serbio: Радивој Кораћ), nado en Sombor (Iugoslavia, actual Serbia) o 5 de novembro de 1938 e finado en Saraxevo o 2 de xuño de 1969, foi xogador profesional de baloncesto iugoslavo. Cunha altura de 1,96 metros xogaba na posición de ala-pivote.

Considerado un dos mellores xogadores deste deporte da historia de Europa, Korać é lembrado hoxe como "a primeira lenda", xa que foi un dos máximos artífices en lograr que a selección iugoslava pasase de ser un equipo sen importancia no panorama internacional a unha das maiores potencias mundiais en baloncesto. Cando estaba na plenitude da súa carreira, faleceu nun accidente de tráfico uns meses antes de disputar o Mundial de Baloncesto de 1970 en Liubliana.

Como recoñecemento aos seus méritos a FIBA incluíulle, no 2007, na lista de nove xogadores que inauguraban o seu Salón da Fama e a Euroliga fixo o mesmo coa inclusión do xogador na súa lista de trinta e cinco mellores xogadores da historia da competición que realizou no 2008 con motivo do seu cincuenta aniversario. Ademais entre 1971 e 2002, a antecesora da segunda maior competición do baloncesto Europeo, a Eurocup Basketball, levou o nome de Copa Korać.


4[editar a fonte]

Ana Brnabić (en serbio: Ана Брнабић), nada en Belgrado o 28 de setembro de 1975, é unha política serbia que ocupa o cargo de primeira ministra do país dende 2017.

Formada nos Estados Unidos e no Reino Unido, regresou a Serbia en 2002 e traballou na promoción das enerxías renovables. En 2016 foi nomeada Ministra de Administracións Públicas e Asuntos Locais por Aleksandar Vučić.


5[editar a fonte]

Portal:Serbia/Biografía destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Serbia/Biografía destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Serbia/Biografía destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Serbia/Biografía destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Serbia/Biografía destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Serbia/Biografía destacada/10