Portal:Segunda Guerra Mundial/Introdución

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias, estes estiveron organizados en dúas alianzas militares enfrontadas entre si, os Aliados e as Potencias do Eixe. Mobilizáronse a 100 millóns de militares e os principais países involucrados destinaron á guerra todos os recursos dos que dispoñían. Foi o conflito máis mortífero da historia, provocando a morte duns 60 millóns de persoas, a maioría civís, o que supoñía case o 3% da poboación mundial da época.