Saltar ao contido

Portal:Sáhara Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
[[Ficheiro:|1100px]]

O Sáhara Occidental é un territorio do norte de África situado no extremo occidental do deserto do Sáhara, as beiras do océano Atlántico. É un dos 17 territorios non autónomos baixo supervisión do Comité Especial de Descolonización da Organización das Nacións Unidas, coa fin de eliminar o colonialismo. Foi introducido na lista dos territorios non autónomos en 1960 a través da resolución 1542 (XV) da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, de 15 de decembro dese ano, cando era unha provincia española.

O seu proceso de descolonización foi interrompido en 1976, cando a súa potencia administradora, España, abandonou o Sáhara Occidental nas mans de Marrocos e Mauritania. Isto sucedeu trala marcha verde e conforme ao disposto nos Acordos de Madrid (1975), non válidos segundo o Dereito internacional. Xa no século XXI o territorio está ocupado na súa maior parte por Marrocos, que o chama as súas Provincias Meridionais. Porén, a soberanía marroquí non está recoñecida nin polas Nacións Unidas nin por ningún país do mundo e é rexeitada pola Fronte Polisario. Este proclamou a súa independencia en 1976 e creou a República Árabe Saharauí Democrática (RASD), recoñecida ata o momento por máis de oitenta países. A RASD administra a rexión ao leste non controlada por Marrocos, a cal denomina Zona Libre. Por outra banda, Mauritania ocupa a cidade sureña de La Güera e outras zonas adxacentes a esta dentro da península de Cabo Blanco.

Biografía destacada
Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos

editar Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns