Portal:Hóckey a patíns/Personalidade destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

António José Parreira do Livramento (máis coñecido como António Livramento), nado en São Manços (Évora) o 28 de febreiro de 1943 e finado en Lisboa o 7 de xuño de 1999, foi un xogador de hóckey a patíns português, considerado por moitos o mellor xogador de todos os tempos. Conseguiu numerosos títulos durante a súa longa carreira, tanto como xogador, como no posto de adestrador. Livramento desenvolveu case toda a súa carreira deportiva en Portugal, xogando nos dous equipos lisboetas (SL Benfica e SC Portugal), cos que gañou numerosos títulos nacionais, amais de formar parte do equipo que conseguiu a única Copa de Europa do Sporting en 1977. Foi máis de 209 veces internacional coa selección portuguesa, participando na consecución de tres Campionatos do Mundo e sete Campionatos de Europa.

Logo da súa retirada como xogador adestrou ao FC Porto e ao SC Portugal, conseguindo títulos nacionais e continentais a nivel de clubes, así como dous novos Campionatos do Mundo e tres Campionatos de Europa como seleccionador do combinado portugués. Faleceu subitamente en 1999, aos 56 anos, vítima dunha trombose.