O esloveno é unha lingua eslava meridional falada principalmente na República de Eslovenia, así como en zonas adxacentes de Italia, Austria e Hungría nas que viven minorías históricas de eslovenos. O esloveno (slovenščina, slovenski jezik) pertence á rama de linguas eslavas da familia indoeuropea. Dentro da rama eslava, atópase no grupo de linguas eslavas do sur ou meridionais, e dentro destas, no subgrupo occidental.
É falado na República de Eslovenia, en Italia fálano unhas 100.000 persoas nas provincias de Trieste, Gorizia e Udine da rexión de Friuli-Venezia-Giulia. En Austria os eslovenos concéntranse sobre todo en Carintia, onde hai entre 12 e 20.000 falantes, e tamén en Estiria, onde hai entre 2 e 5.000 falantes, en Hungría fálano entre 3 e 5.000 persoas en nove lugares.
Os restos arqueolóxicos permitiron datar os primeiros asentamentos humanos hai 3500 anos. Os romanos chamaron a cidade Emona (Colonia Emona (Æmona) Iulia trubu Claudia), e o seu nome actual aparece mencionado en 1144 (baixo o nome alemán de Laibach) e en 1146 (co nome de Luwigana).
En 1693 estableceuse en Liubliana a sociedade científica Academia operosorum labacensis, e en 1701 naceu a sociedade filharmónica Academia philharmonicorum. En 1919 Liubliana foi dotada dunha universidade, e en 1937 fundouse a Academia Nacional das Ciencias e das Artes.
Coa coalición de croatas e serbios en 1918, Liubliana converteuse no centro da Dravska banovina (o dominio do ban do Drava e, despois da segunda guerra mundial, a capital da república iugoslava de Eslovenia. Liubliana seguiu sendo a capital eslovena despois da independencia desta república en 1991.
Liubliana foi moitas veces devastada por tremores de terra. Despois do sismo de 1511 foi reconstruída segundo o modelo dunha cidade renacentista e despois do de 1895, que danou seriamente a cidade, foi novamente reconstruída seguindo esta vez o estilo neoclásico. A arquitectura da cidade é pois unha mestura de estilos. As grandes estruturas da cidade construídas despois da segunda guerra mundial están caracterizadas polo traballo do arquitecto esloveno Jože Plečnik.
Iniciou a súa carreira deportiva como saltador de esquí até 2011, cando se dedicou por completo ao ciclismo. Cómodo nas probas contra o reloxo e montaña, é un especialista en carreiras por etapas.
Gañou moitas carreiras por etapas nunha semana: a Volta ao País Vasco 2018 e 2021, o Tour de Romandía en 2018 e 2019, o UAE Tour 2019, a Tirreno-Adriático 2019 e 2023, a París-Niza 2022, o Critérium do Dauphiné 2022, 2024 e a Volta a Cataluña 2023. Nas Grandes Voltas, logrou polo menos tres vitorias de etapa, subir ao podio en cada unha delas e a vitoria na clasificación xeral da Volta a España en 2019, 2020, 2021, 2024 e do Giro de Italia en 2023.