Portal:Dinamarca/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Reino de Dinamarca ten só unha lingua oficial en todo o seu territorio, o dinamarqués, a lingua nacional dos dinamarqueses, pero hai varias linguas minoritarias faladas no territorio, e oficiais nas súas respectivas zonas. Estas son o alemán, o feroés e o groenlandés. Unha grande maioría dos dinamarqueses tamén fala inglés como segunda lingua.

O alemán fálase no antigo Condado de Xutlandia Sur (na Rexión Syddanmark), que era parte do Imperio Alemán antes do Tratado de Versalles. Pola súa banda, o feroés é a lingua propia das Illas Feroe (un territorio autónomo dende 1948) e a primeira lingua oficial. A outra lingua minoritaria oficial é o groenlandés (kalaallisut), que é a primeira lingua dos 54,000 Inuit que viven en Groenlandia e ten status de oficialidade dende 1979.

Na illa de Bornholm fálase o bornholmsk, que comparte moitas características co sueco e pode ser considerado un subdialecto do escaniano, aínda que carece de oficialidade. No país fálanse ademais gran variedade de linguas nas comunidades inmigrantes, especialmente o árabe, o serbio e o croata.