A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.
Comparación (a escala) dos principais satélites do sistema solar, coa Terra como referencia. Esta cronoloxía do descubrimento dos planetas do sistema solar e os seus satélites naturais rexistra o progreso no descubrimento de novos corpos celestes no transcurso da historia.
Nas táboas que aparecen a continuación, os satélites indícanse en letra grosa (por exemplo Lúa), mentres que os planetas que orbitan o Sol, tanto maiores como menores, están en cursiva (por exemplo a Terra). Os cadros están ordenados segundo a data de publicación/anuncio dos descubrimentos; as devanditas datas indícanse acompañadas dos seguintes símbolos: (Ler máis...)
Image 2
Dickinsonia costata, un organismo ediacárico icónico, que mostra a aparencia "acolchada" típica de moitos organismos desta biota.A fauna de Ediacara, tamén coñecida como organismos ediacáricos, biota de Ediacara, biota ediacariana, biota do período ediacárico ou, anteriormente, biota ou fauna vendiense ou vendiana, está formada por antigas formas de vida sésiles con formas tubulares ou foliáceas que habitaron a Terra durante o períodoediacárico (hai uns 635-542 millóns de anos) e que representan os organismos pluricelulares complexos máis antigos coñecidos.
Carl Sagan gañou gran popularidade grazas á galardoada serie documental de Cosmos: A Personal Voyage, producida en 1980, da que foi narrador e coautor. Tamén publicou numerosos artigos científicos, e foi autor, coautor ou editor de máis dunha vintena de libros de divulgación científica, sendo os máis populares os seus libros Cosmos, publicado como complemento da serie, e Contact, no que se basea a película homónima de 1997. Cosmos foi a serie máis vista da historia da televisión pública americana, foi vista por un mínimo de 500 millóns de persoas ó longo de 60 países diferentes. En 1978 gañou o Premio Pulitzer de Literatura Xeral de Non Ficción polo seu libro The Dragons of Eden. (Ler máis...)
Image 4
Leelah Alcorn, nada o 15 de novembro de 1997 en Kings Mills (Ohio) e finada o 28 de decembro de 2014, foi unha rapaza transxéneroestadounidense cuxo suicidio atraeu a atención dos medios nacionais e internacionais. Alcorn publicara unha nota de suicidio no seu blog de Tumblr, escribindo sobre estándares sociais relacionados coas persoas transxénero e expresando esperanza en que a súa morte crearía un diálogo sobre a discriminación, abuso e falta de apoio para as persoas transxénero.
Asignada ó xénero de varón no seu nacemento como Joshua Alcorn, criouse en Ohio no seo dunha familia afiliada co movemento da Igrexas de Cristo. Ós 14 anos de idade indicoulle a súa condición de transxénero ós seus pais, Carla e Doug Alcorn, que rexeitaron aceptar a súa identidade de xénero feminina. Ós 16 anos de idade denegáronlle a súa petición de someterse a terapia de reasignación sexual, someténdoa no seu lugar a unha terapia de conversión cristiá coa intención de convencela de que rexeitase a súa identidade de xénero e aceptase o xénero que lle asignaran ó nacer. Tras revelarlles ós seus compañeiros de clase que lle atraían os varóns, os seus pais sacárona da escola e prohibíronlle o acceso ás redes sociais. Na súa nota de suicidio Alcorn citou a soidade e a alienación como motivos chave da súa decisión de poñer fin a súa vida e culpou ós seus pais por causar estes sentimentos. Alcorn suicidouse poñéndose fronte o tráfico que circulaba pola Interestatal 71 á altura de Lebanon, Ohio. (Ler máis...)
Image 5
Unha galaxia é un sistema de estrelas, restos estelares, gases interestelares, po cósmico e materia escura ligados gravitacionalmente entre si. O termo "galaxia" provén do latíngalaxĭas, que deriva do gregogalaxíasγαλαξίας, que significa literalmente 'leitoso', en referencia á Vía Láctea. As galaxias poden variar en tamaño dende as ananas que conteñen uns poucos miles (103) de estrelas ata as xigantes que poden chegar a ter un trillón (1014) de estrelas, con cada unha destas orbitando o centro de masa da galaxia. As galaxias categorízanse segundo a súa morfoloxía visual en elípticas, en espiral e irregulares. Pénsase que o núcleo activo de moitas galaxias é un burato negro. O burato negro central da Vía Láctea coñécese co nome de Sagittarius A*, e ten unha masa catro millóns de veces maior que o Sol. A data de xullo de 2015, EGSY8p7 era a galaxia máis vella e distante coñecida con respecto a Terra, a unha distancia de 13 200 millóns de anos luz da Terra e observada como existía 570 millóns de anos tralo big-bang. Previamente, a data de maio de 2015, EGS-zs8-1 era a galaxia máis remota coñecida, a uns 13 100 millóns de anos luz e cun 15% estimado da masa da Vía Láctea. Desde abril de 2022 a galaxia máis afastada coñecida é a HD1.
Existen aproximadamente entre 170 mil millóns (1.7 × 1011) e 200 mil millóns (2.0 × 1011) de galaxias no universo observable. A maioría das galaxias son de entre 1000 ata 100 000 parsecs de diámetro e atópanse separadas entre elas a distancias da orde de millóns de parsecs (ou megaparsecs). O espazo entre galaxias contén un gas tenue cunha densidade media menor a un átomo por metro cúbico. A maioría de galaxias organízanse gravitacionalmente en asociacións coñecidas como agrupacións galácticas, cúmulos e supercúmulos. Nas maiores escalas estas asociacións distribúense xeralmente en forma de filamentos rodeados de baleiros inmensos. (Ler máis...)
Image 6
Danos no ADN que orixinaron múltiples roturas nos cromosomas (indicadas con frechas). A reparación do ADN (ou reparación do DNA) é o conxunto de procesos polos cales unha célula detecta e corrixe os danos que se produciron nas moléculas de ADN nas que está codificado o seu xenoma. Nas células humanas, tanto as actividades metabólicas normais coma a influencia de factores ambientais como a luz ultravioleta (UV) e outras radiacións poden causar danos no ADN, que teñen como resultado a produción de lesións, que se estima que pode chegar ata aproximadamente un millón de pequenas lesións moleculares por célula e día. Moitas destas lesións causan danos estruturais á molécula de ADN e poden alterar ou eliminar a capacidade da célula de realizar a transcrición dun xene que foi afectado pola lesión. Outras lesións inducen mutacións potencialmente nocivas no xenoma celular, que poden afectar a supervivencia das súas células fillas despois da mitose ou orixinar doenzas. Como consecuencia, o proceso de reparación do ADN está activo constantemente para responder a estes danos na estrutura do ADN.
Un virus (do latínvirus 'toxina' ou 'veleno') é un axente infecciosomicroscópico non celular que só pode replicarse penetrando no interior dunha célula. Os virus afectan todo tipo de organismos, desde animais e plantas a bacterias e arqueas. Unha partícula de virus completa e infectiva fóra (xeralmente) da célula denomínase virión. O descubrimento dos virus empezou cando Dmitri Ivanovsky en 1892 atopou un axente infeccioso das plantas do tabaco tan pequeno que atravesaba os poros dos filtros que retiñan bacterias, o que levou ao descubrimento do virus do mosaico do tabaco por Martinus Beijerinck en 1898. Desde entón, describíronse en detalle arredor duns 5.000 virus, aínda que se estima que existen millóns de tipos diferentes de virus. Os virus atópanse en case calquera ecosistema da Terra e estas diminutas estruturas son o tipo de entidade biolóxica numericamente máis abundante. O estudo dos virus coñécese como viroloxía, unha subespecialidade da microbioloxía.
Os virus non teñen estrutura celular, senón que simplemente están formados por unha cápside (ou cápsida) de proteínas que envolve o seu ácido nucleico, que pode ser ADN ou ARN. Esta estrutura pode, á súa vez, estar rodeada pola envoltura vírica, unha capa lipídica con diferentes proteínas dependendo do virus. O ciclo vital dun virus sempre necesita da maquinaria metabólica dunha célula para poder replicar o seu material xenético e cápside, producindo moitas copias do virus orixinal. No devandito proceso reside a capacidade destrutora dos virus, xa que poden prexudicar a célula ata destruíla. Poden infectar tanto células eucarióticas como procarióticas (neste último caso denomínanse bacteriófagos, ou simplemente fagos). (Ler máis...)
Graduada pola Universidade de Gotinga, escribiu o seu doutoramento sobre a teoría da posible absorción de dous fotóns dos átomos. Nesa época as posibilidades de verificar de forma experimental esa tese eran remotas, pero grazas ao desenvolvemento posterior do láser esta teoría puido ser verificada. Por isto, a unidade de medida para a sección cruzada de absorción de dous fotóns coñécese co nome de unidade Goeppert Mayer (GM). (Ler máis...)
Os lípidos son un amplo grupo de compostos químicos orgánicos naturais, que son uns dos principais compoñentes dos seres vivos, formados principalmente por carbono, hidróxeno e osíxeno, aínda que tamén poden conter fósforo, nitróxeno e xofre, entre os que se inclúen as graxas, ceras, esterois, vitaminasliposolubles (como as vitaminas A, D, E, e K), fosfolípidos e outros. Algúns lípidos son moléculas lineais ou curvadas e outros son compostos cíclicos. Poden definirse a grandes trazos como moléculas relativamente pequenas hidrófobas ou anfipáticas. As hidrófobas poden disolverse en solventes apolares. As anfipáticas teñen unha parte polar e outra non polar, e poden formar en disolución en medio acuoso estruturas como vesículas, liposomas, ou membranas. Entre as principais funcións biolóxicas dos lípidos están o almacenamento de enerxía, ser moléculas estruturais nas membranas e intervir na sinalización celular. Os lípidos teñen aplicacións en cosmética e na industria alimentaria e a nanotecnoloxía. (Ler máis...)
Image 10
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso. Neptuno é máis denso e fisicamente máis pequeno que Urano porque a súa maior masa provoca máis compresión gravitacional na súa atmosfera. É un dos dous planetas xigantes de xeo do sistema solar (o outro é Urano). Estando composto principalmente por gases e líquidos, non ten unha "superficie sólida" ben definida. O planeta orbita ao redor do Sol unha vez cada 164,8 anos a unha distancia media de 30,1 UA (4 500 millóns de km), unhas 30 veces a distancia da Terra ao Sol. Neptuno recibiu o nome do deus romano dos mares e o seu símbolo astronómico é ♆, unha versión estilizada do tridente do deus.
Neptuno non é visible a simple vista e é o único planeta do sistema solar atopado por predición matemática máis que por observación empírica. Inesperados cambios na órbita de Urano levaron a Alexis Bouvard a deducir que esta era obxecto dunha perturbación gravitacional producida por un planeta descoñecido. Despois da morte de Bouvard, a posición de Neptuno foi predita a partir das súas observacións, independentemente, por John Couch Adams e Urbain Le Verrier. Neptuno foi posteriormente observado o 23 de setembro de 1846 por Johann Galle máis ou menos na posición prognosticada por Urbain Le Verrier, e a súa maior lúa, Triton, foi descuberta pouco despois, aínda que ningunha das restantes 13 lúas foron localizadas telescopicamente ata o século XX. A distancia do planeta á Terra dálle un tamaño aparente moi pequeno, polo que é difícil estudar con telescopios terrestres. Neptuno foi visitado pola nave Voyager 2, que sobrevoou o planeta o 25 de agosto de 1989. e, esta, segue a ser a única nave espacial que o visitou. A chegada do telescopio espacial Hubble e dos grandes telescopios terrestres con óptica adaptativa permitiron, recentemente, observacións detalladas adicionais dende lonxe. (Ler máis...)
Toda a estrutura está rodeada polo citoplasma. Células HeLa co ADN tinguido coa tinguidura azul de Hoechst. A célula central e a da dereita están en interfase, polo que todo o seu núcleo está marcado. A da esquerda é unha célula en mitose co seu ADN xa condensado para a división.
A febre hemorráxica do Ébola ou enfermidade polo virus Ébola (ICD-10, CIE-10) e informalmente "o ébola" (ás veces escrito Ebola) é unha enfermidade viral humana contaxiosa e de alta mortalidade que pode ser producida pola infección de catro das cinco especies de Ebolavirus, que son: Zaire, Sudán, Bundibugyo, e Bosque Taï (ou Costa do Marfil). Os ebolavirus tamén afectan a algúns animais, e a quinta especie, Reston, afectou só a primates non humanos e porcos. A especie prototípica é o Ebolavirus Zaire, tamén chamado simplemente virus Ébola. Os primeiros gromos coñecidos desta enfermidade aconteceron en 1976 no sur do Sudán e en rexións preto do río Ébola (ou Ebola), na actual República Democrática do Congo (antes Zaire). As taxas de mortalidade da doenza son altas e nas distintas epidemias que se sucederon variaron entre o 90% e o 25% (media 50%).
A infección produce febre hemorráxica; o seu período de incubación pode variar dos dous aos vinte e un días. O virus multiplícase polo fígado, o bazo, os pulmóns e o tecido linfático causando danos significativos. Os seus síntomas clínicos son moi similares aos da enfermidade polo virus Marburg; comeza cunha forte sensación de febleza, cefalea intensa, náuseas, vómitos, dores musculares, diarrea, dor abdominal e na garganta, despois avanza con tose seca e dores punzantes no peito ao tempo que se desenvolven signos de deshidratación, insuficiencia renal e hepática, e coagulación intravascular diseminada. No sangue detéctanse síntomas de leucocitose neutrofílica, trombocitopenia e anemia producíndose xeralmente a morte na segunda semana da enfermidade debido a fallos multiorgánicos ou shock hipovolémico. (Ler máis...)
Os aborixes australianos son, xunto cos insulares do estreito de Torres, os descendentes dos primeiros habitantes do continente australiano e as súas illas adxacentes. Segundo a lexislación australiana, ámbolos dous pobos constitúen o conxunto dos pobos indíxenas do país. O territorio tradicional dos aborixes esténdese por toda Australia, Tasmania e as Illas do estreito de Torres. Dende 1988, no día do bicentenario de Australia, moitos deles rexeitaron o nome "aborixe" (do latínab origen que define ós autóctonos dun poboamento) e prefiren o termo koori (o noso pobo, en moitas linguas aborixes), xa que o termo adquiriu connotacións negativas e ten reminiscencias do pasado colonial. Dende os anos 80 está a coller forza o termo "indíxena australiano" por ser máis inclusivo.
Distínguense dous tipos de aborixes australianos, os do continente e Tasmania e os das Illas do estreito de Torres. Estes últimos son considerados diferentes porque tanto lingüisticamente como cultural e fisicamente seméllanse máis ós melanesios de Nova Guinea. A poboación de indíxenas Australianos no momento de colonización permanente Europea estimouse entre uns 318 000 e 1 000 000, cunha distribución semellante á da poboación actual de Australia, na que a maioría vive no sueste do contintente. (Ler máis...)
Participou na creación da primeira sociedade científica da historia, a Royal Society de Londres. As súas polémicas con Newton sobre a paternidade da lei da gravitación universal pasaron a formar parte da historia da ciencia. (Ler máis...)
Linné realizou unha gran parte dos seus estudos superiores na Universidade de Uppsala e cara a 1730 empezou a dar conferencias de botánica. Viviu no estranxeiro entre 1735 e 1738, onde estudou e publicou unha primeira edición da súa Systema Naturae nos Países Baixos. De volta a Suecia converteuse en profesor de medicina e de botánica en Uppsala. Durante a década de 1740, realizou varias expedicións a través de Suecia para recoller e clasificar plantas e animais. Durante as décadas de 1750 e 1760, continuou recollendo e clasificando animais, plantas e minerais, publicando varios volumes sobre o tema. (Ler máis...)
Image 6
Arquímedes (en grego: Ἀρχιμήδης), nado en Siracusa (na Illa de Sicilia) no 287 a.C. e finado no 212 a.C. na mesma localidade, foi un científico, matemático, físico, inventor e astrónomogrego. Considérase que Arquímedes foi un dos matemáticos máis grandes da antigüidade clásica e, en xeral, de toda a historia. Creou un método para calcular o número pi (nº π) (razón entre o perímetro dunha circunferencia e o seu diámetro) coa aproximación tan grande canto se queira. Cría que nada do que existe é tan grande que non poida ser medido. Perfeccionou, pois, o sistema grego de numeración, creando unha notación cómoda para os números moi grandes, semellante ao actual sistema exponencial. Pasou a súa vida traballando como protexido para os reis de Sicilia Hierón II e o seu fillo Gelón II (ambos os dous reis eran membros da dinastía deinoménida).
En mecánica atribúenselle algunhas invencións tales como a rosca sen fin, a roda dentada, a roldana móbil e a panca. Entre as frases que se lle atribúen está: “dáme unha panca e un punto de apoio e moverei o mundo”. (Ler máis...)
Coa publicación de A Dynamical Theory of the Electromagnetic Field en 1865, demostrou que os campos magnético e eléctrico atravesan o espazo, en forma de ondas á velocidade da luz, tamén defendeu que a luz é unha forma de radiación electromagnética. Maxwell propuxo que a luz é unha ondulación no mesmo medio que é a causa dos fenómenos eléctricos e magnéticos. A unificación da luz e os fenómenos eléctricos conduciu á predición da existencia das ondas de radio. (Ler máis...)
Steven Paul Jobs, máis coñecido como Steve Jobs, nado o 24 de febreiro de 1955 e finado o 5 de outubro de 2011, foi un magnate e empresario informático estadounidense. Foi o cofundador, e presidente executivo de Apple Inc. Jobs tamén foi durante un tempo presidente executivo de Pixar Animation Studios; e fíxose membro do consello de directores de The Walt Disney Company en 2006, despois da adquisición de Pixar por parte de Disney. Nos créditos de Toy Story (1995) aparece como un dos produtores executivos.
A finais dos anos 70, Jobs, co cofundador de Apple Steve Wozniak, e xunto a Mike Markkula e outros, deseñaron, desenvolveron e comercializaron unha das primeiras e exitosas liñas de ordenadores persoais, a serie Apple II. A principios dos 80, Jobs estaba entre os primeiros en ver o potencial comercial da interface gráfica controlada por rato da compañía PARC, que levou á creación do Macintosh. (Ler máis...)