Saltar ao contido

Portal:Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Null
Mapa de Castela Benvido ó Portal de Castela!
¡Bienvenido al Portal de Castilla!

Portal de Castela

Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.

A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.

Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).

Artigo destacado

editar

A Área Paterniani é un territorio considerado por algúns investigadores como a área xeográfica na que puido orixinarse Castela. Encóntrase situado ao norte da provincia de Burgos, na bisbarra das Merindades.

Aínda que os seus límites exactos son difusos, a maioría de autores coinciden en sinalar que abranguería boa parte da vertente do Ebro das Merindades, con estes límites: Merindad de Sotoscueva, Merindad de Valdeporres e Valle de Manzanedo polo oeste, Valle de Mena polo norte, Orduña e Valdegovía (provincia de Álava) polo leste, e os montes Obarenes ata Castellanos de Bureba polo sur.

Lugar de interese

editar

O Reino de Castela foi un dos reinos medievais da Península Ibérica. Castela xurdiu como entidade política autónoma no século IX baixo a forma dun condado vasalo do Reino de León. Non será ata o século XI cando acade a categoría de reino. O seu nome débese á gran cantidade de castelos que había naquela zona

A primeira mención a «Castela» aparece nun documento do ano 800: «levantamos unha igrexa en honor a San Martín, en Área Patriniano, no territorio de Castela». Na Crónica de Afonso III (Rei de Asturias, século IX) dise: «As Vardulias agora son chamadas Castela».

Eo tempore populantur Primorias, Lebana, Transmera, Supporta, Carranza, Bardulia quae nunc appellatur Castella.
Crónica de Afonso III

O condado de Castela repóboase maioritariamente por habitantes de orixe cántabra, ástur, vasca e goda cun dialecto romance propio, o castelán, e cunhas leis diferenciadas.

O primeiro conde de Castela é Rodrigo no 860 (baixo Ordoño I de Asturias e Afonso III o Magno). O condado de Castela experimenta unha grande expansión durante o goberno do conde Rodrigo, que se dirixe cara ao sur ata chegar a Amaya (860) e a costa dos cordobeses pola Rioja. Ademais, a partir da sublevación do conde alavés Eglyón, Álava incorpórase ao condado de Castela. No ano 931, o condado de Castela unifícase co conde Fernán González, facendo dos seus dominios un condado hereditario ás costas dos reis de León.

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Imaxe destacada

editar

Rosetón románico na portada da igrexa de San Xoán de Puertanueva
Vexa o artigo Zamora.


...Arquivo
Biografía destacada

editar

Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496. É polo que se coñece a parella real co nome de Reis Católicos, título que usarían en diante practicamente todos os reis de España.

Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e se convertese en emperador do Sacro Imperio Romano.

Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron os xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén os musulmáns.

Sabías que...?

editar

Illán de Vacas.

... Illán de Vacas (Toledo), con 6 habitantes, é o concello de España con menor número de habitantes?


...Arquivo
Portais relacionados
Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario