Saltar ao contido

Portal:Burkina Faso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
[[Ficheiro:|1100px]]

Burkina Faso, ás veces escrito Burquina Faso, é un país de África occidental, no Sahel, que limita ó noroeste con Malí, ó noroeste con Níxer e ó sur con Costa do Marfil, Ghana, Togo e Benín. A súa capital e cidade máis poboada é Uagadugú.

Durante o período colonial e os primeiros anos despois da súa independencia foi coñecido como Alto Volta por estar no curso alto de tres ríos que no seu momento se chamaron Volta (Mouhoun, antes o Volta negro; Nakambé, antes o Volta branco; e Nazinon, antes o Volta vermello), Burkina Faso foi renomeada en 1984 polo presidente Thomas Sankara para significar "a terra dos homes íntegros" en diula, principal lingua materna do país. Non ten acceso ó mar.

O maior grupo étnico do país é o pobo mossi, que se asentou na zona entre os séculos XI e XIII. Estableceron reinos como Ouagadougou, Tenkodogo, e Yatenga. En 1896, foi colonizado por Francia como parte da África Occidental Francesa; en 1958, o Alto Volta converteuse nunha colonia autónoma dentro da Comunidade Francesa. En 1960, conseguiu a súa independencia con Maurice Yaméogo como presidente. Dende que o país conseguiu a súa independencia, o país estivo suxeito a inestabilidade, secas, fames e corrupción. Houbo tamén varios golpes de estado en 1966, 1980, 1982, 1983, 1987, e dous en 2022 (xaneiro e setembro). Tamén houbo varios intentos fallidos en 1989, 2015, 2023, e 2026.

O territorio do país posúe unha biodiversidade xeográfica rica que inclúe grandes reservas de ouro, manganeso, cobre e caliza. Debido á súa composición multicultral, a arte burquinesa ten unha rica e longa historia, e é recoñecida mundialmente polo seu estilo ortodoxo. O país é unha república semipresidencialista, con poderes executivo, lexislativo e xudicial. É member da Organización das Nacións Unidas, a Organización para a Cooperación Islámica. O 18 de xaneiro de 2024 Burkina Faso anunciou a súa saída da CEDEAO e da Unión Africana logo de contribuir á formación da Alianza de Estados do Sahel (AES), e en 2025 abandonou tamén La Francophonie.

Artigo destacado

editar

A corte real de Tiébélé serviu como residencia oficial do Pè, o líder da comunidade, e está situada no centro da aldea de Tiébélé (en Burkina Faso), de 1,2 hectáreas. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2024.

O conxunto consta de varios elementos característicos: o Pourou, o túmulo sagrado onde están enterradas as placentas dos membros da familia, o Nabarê, o altar ancestral, a figueira vermella, as pedras sagradas, a caixa da corte, o cemiterio ancestral e as concesións. As concesións divídense en cinco áreas correspondentes ás seguintes categorías: Príncipes, Tambores, Maiores, Irmáns e Voceiros. Cada concesión céntrase arredor dunha casa nai, que ten forma de oito cando se ve dende arriba. Todo o patio está rodeado por altos muros, que están unidos polos muros dos edificios residenciais.

O complexo foi fundado no século XVI polo pobo kassena e comprende edificios residenciais distintos para os diferentes grupos sociais e lugares sagrados como o cemiterio real, pedras sagradas nas que se sentan os dignatarios e a tumba do fundador da familia real. Os edificios son de adobe e foron construídos por homes, mentres que a decoración dos muros con motivos tradicionais é obra exclusivamente das mulleres.

Cidade destacada

editar

Uagadugú ou Ouagadougou á maneira francesa, denominada coloquialmente Uagá ou Ouaga, é a capital de Burkina Faso, sendo á vez a maior cidade do país, cunha poboación de 1,2 millóns de habitantes (2005), e aínda o centro cultural, económico e administrativo. Os habitantes de Ouagadougou son os Ouagalais (máis ou menos uagalé) ou Ouagavillois (uagavilluá).

Uagadugú era o nome dun Estado fundado no século XI, do cal era capital Kombemtinga. Foi a capital do reino Mossi en 1441. Coa colonización francesa a cidade foi renomeada como Ouagadougou e en 1960, coa independencia do país converteuse na súa capital.

A denominación orixinaria da cidade é «Woogrtenga» e «Wogodogo», que significa «aló onde se recibe honra, respecto».

Categorías
Biografía destacada

editar

Thomas Isidore Noël Sankara, nado en Iako, Burkina Faso, o 21 de decembro de 1949 e finado en Uagadugú o 15 de outubro de 1987, foi un militar e político revolucionario burkinense, que foi presidente de Burkina Faso (anteriormente Alto Volta) entre 1983 e 1987. O seu carisma converteu a súa figura nun símbolo do panafricanismo e a revolución e é chamado a miúdo "o Che Guevara africano".

En 1983, un grupo de revolucionarios tomou o poder nun golpe con apoio popular, en nome de Sankara (que estaba baixo arresto domiciliario). Aos 33 anos, Sankara converteuse no presidente da República de Alto Volta. De inmediato executou programas para o cambio social, económico e ecolóxico e mudou o nome colonial do país a Burkina Faso ("país dos homes íntegros" en mossi e diula). Logrou a autosuficiencia alimenticia repartindo as terras dos líderes tribais feudais entre os campesiños, deulle prioridade á educación e á sanidade, coa construción de numerosas escolas e centros médicos e con grandes campañas de alfabetización e vacinacións contra a meninxite, a febre amarela e o sarampelo. Foi un dos primeiros líderes africanos en poñer énfase no problema da desertificación e fixo que se plantaran millóns de árbores para parar o avance do Sahel. Denunciou a precaria situación das mulleres burkinenses, instituíu un Ministerio da Muller, promoveu a contracepción, prohibiu a ablación, a poligamia e os matrimonios forzosos, animou ás mulleres a traballar fóra da casa e a ir á escola e colocou mulleres en altos cargos do goberno.

A súa política exterior centrouse no antiimperialismo e o internacionalismo e na denuncia do neocolonialismo, rompendo a relación de dependencia con Francia, a súa antiga metrópole, e evitando toda axuda estranxeira. Impulsou unha redución da débeda ilexítima e evitou o poder e influencia do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial. Estableceu relacións cos países do campo socialista e apoiou os movementos de liberación nacional de todo o mundo.

O seu goberno gozou de gran popularidade entre as clases baixas e o mundo rural pero provocou o descontento das clases altas, certos sectores do exército e gobernos conservadores veciños, así como do goberno francés. O 15 de outubro de 1987 foi asasinado nun sanguento golpe de Estado, liderado por Blaise Compaoré, en circunstancias aínda non ben aclaradas, presuntamente co apoio dos gobernos francés e marfilés.

Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos

editar Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario