Portal:Balonmán/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga de Campións da EHF (EHF Champions League en inglés) é o nome que recibe a máxima competición de clubs de balonmán a nivel europeo. Está organizada pola EHF (European Handball Federation), e reúne aos mellores equipos das principais ligas do balonmán europeo. Inicialmente foi denominada Copa de Campións Europeos, mudando para a súa denominación actual en 1993.

A competición celébrase anualmente dende a tempada 1956-57, aínda que ao longo dos anos foi modificado o sistema de competición. Nos primeiros anos participaban unicamente os campións de cada unha das ligas nacionais adscritas á EHF. Actualmente reúne aos mellores clasificados das principais ligas, non só aos campións. O club con máis títulos da Copa de Europa de Balonmán é o FC Barcelona da Liga ASOBAL, con nove títulos, e o actual campión é o RK Vardar de Skopje (Macedonia do Norte), que se proclamou campión por primeira vez na súa historia logo de derrotar na final disputada no Lanxess Arena de Colonia (Alemaña) ao PSG francés.