Portal:Baloncesto/Biografía destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Baloncesto:

1[editar a fonte]

Michael Jeffrey Jordan, nado o 17 de febreiro de 1963 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador de baloncesto estadounidense, home de negocios, e propietario maioritario dos Charlotte Bobcats. A súa biografía na páxina web oficial da National Basketball Association (NBA) di: "Por aclamación, Michael Jordan é o mellor xogador de baloncesto de tódolos tempos."

Despois dunha sobresaliente carreira na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, onde dirixiu aos Tar Heels a un Campionato Nacional en 1982, Jordan uniuse aos Chicago Bulls da NBA en 1984. Rapidamente destacou como unha das estrelas da liga, debido ás súas grandes actuacións e espectacular xogo, destacando sobre todo a súa capacidade de salto. Por mor disto recibiu os alcumes de "Air Jordan" e de "His Airness". Ademais tamén adquiriu a reputación de ser un dos mellores xogadores defensivos no baloncesto. En 1991, gañou o seu primeiro campionato cos Bulls, seguido doutros dous títulos consecutivos en 1992 e 1993. Aínda que Jordan se retirou abruptamente do baloncesto ao inicio da tempada 1993-94 para seguir a súa carreira no béisbol, regresou aos Bulls en 1995, gañando outros tres campionatos consecutivos, 1996, 1997 e 1998. Jordan retirouse por segunda vez en 1999, mais regresou para dúas tempadas máis en 2001 como membro dos Washington Wizards.

Foi elixido para o Basketball Hall of Fame o 6 de abril de 2009 e admitido o 11 de setembro de 2009 e o seu dorsal está retirado polos Chicago Bulls e Miami Heat. Fóra do mundo puramente deportivo, Jordan é tamén coñecido polos seus patrocinios publicitarios, destacando ás súas zapatillas de deporte "Air Jordan" de Nike, introducidas en 1985 e aínda moi populares hoxe en día.


2[editar a fonte]

Portal:Baloncesto/Biografía destacada/2

3[editar a fonte]

Portal:Baloncesto/Biografía destacada/3

4[editar a fonte]

Portal:Baloncesto/Biografía destacada/4

5[editar a fonte]

Portal:Baloncesto/Biografía destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Baloncesto/Biografía destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Baloncesto/Biografía destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Baloncesto/Biografía destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Baloncesto/Biografía destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Baloncesto/Biografía destacada/10