Portal:Ballet/Introdución

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ballet ou danza clásica é un xénero dramático cuxa acción se representa por medio de pantomimas e danzas. É, tamén, o nome específico dado a unha forma concreta de danza e a súa técnica. Segundo as épocas, os países ou as correntes o espectáculo coreográfico pode incluír ademais de danza e música (de orquestra e coral), mímica, texto, decorados e maquinaria. Tamén se utiliza o termo ballet para designar á peza musical composta para que ser interpretada por medio da danza. O ballet está considerado como unha das artes escénicas.

O ballet pode ser unha peza autónoma, mais tamén se pode intercalar entre as escenas dunha ópera ou dunha obra de teatro a modo de divertimento.