Saltar ao contido

Portal:Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Null
Mapa de Asturias Benvido ó Portal de Asturias!
Afayáu al Portal de Asturies!

Portal de Asturias

Asturias, oficialmente Principado de Asturias (en asturiano: Principáu d'Asturies, en galego eonaviego: Principao d'Asturias), é unha comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica. Limita con Galiza ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte. Coincide coa antiga provincia de Oviedo e recibe o nome de Principado por razóns históricas, ao ostentar o herdeiro da Coroa de España o título de Príncipe de Asturias. A súa capital é Oviedo, aínda que Xixón é a cidade máis poboada.

Asturias segundo o seu Estatuto de Autonomía está considerada comunidade histórica no seu artigo 1. Posúe un órgano de autogoberno medieval chamado Xunta Xeral fundado no ano 1388, como consecuencia da súa transformación en Principado por orde de Xoán I de Castela. Tamén posúe unha lingua propia, o asturiano, lingua que, aínda non sendo considerada lingua oficial, posúe un status xurídico de protección. A parte máis occidental da comunidade, coñecida como Terra Eo-Navia, é de fala galega.

Artigo destacado

editar

O hórreo asturiano é unha tipoloxía de hórreo característico de Asturias e que está presente tamén en certas orientais de Galiza e occidentais da provincia de León. Estímase que só en Asturias hai entre 20.000 e 30.000 hórreos.

Segundo o seu estilo decorativo atopamos tres variantes principais: estilo Villaviciosa, estilo Carreño e estilo Allande.

  • Estilo Villaviciosa: a maior concentración preséntase nos concellos de Colunga, Cabranes e Piloña, co foco principal en Villaviciosa. Este estilo correspuende aos hórreos máis antigos conservados. Á hora de decorar os seus hórreos, os carpinteiros estaban influenciados polo que vían nas súas igrexas, co que parece xurdir un sutil parentesco ente as decoracións románicas e o estilo Villaviciosa. A madeira pode estar tallada ou pintada. Os hórreos pintados presentan deseños xeométricos baseados en cores planas (vermello, azul ou branco).
  • Estilo Carreño: constitúeno grandes hórreos da zona costeira do centro de Asturias, nos que as súas fachadas están cubertas por tallas con flores e formas xeométricas e cores vivas. O adorno procura encher todo o espazo dispoñible e amosa certa infuencia das tallas barrocas. Pódese deber a que os hórreos mellor decorados puideron ser construídos polos mesmos tallistas que labraban os retablos rurais.
  • Estilo Allande: este estilo atópase no occidente interior de Asturias. A decoración baséase en motivos independentes que se atopan nos laterais da porta. Os motivos representados son os habituais do maxín popular, con fortes raíces simbólicas ou máxico-relixiosas. Predominan as figuras xeométricas como os tetrasqueis, rosetas radiais ou entrelazados.
Lugar de interese

editar

Porrúa é unha parroquia do concello de Llanes, no Principado de Asturias. En 2020 tiña unha poboación de 428 habitantes (segundo o INE) repartidos en 9,45 km². Está situada a 4 quilómetros ao suroeste da capital do concello (saída pola estrada Llanes-L´Agüera Meré) e a 2,5 quilómetros de Celoriu (estrada local LL-00). Aséntase á beira da zona boscosa chamada Mañanga. No ano 2005, esta parroquia recibiu o Premio á Vila Exemplar de Asturias e no ano 2008 foi Vila cultural de Europa.

Na praza pública denominada Campu Santuyano (denominación que alude ao santo padroeiro, de posible orixe altomedieval), coñecida tamén como La Bolera, por estar nela a única bolera cuberta (modalidade bolo-palma) da comarca, están situados ademais a igrexa (1905-1906), a escola (1924) e o casino-biblioteca (1928). A carón da devandita praza, con entrada na mesma, atópase o Museo Etnográfico do Oriente de Asturias, de ámbito comarcal.

Celébrase a festividade de Santuyano e Santa Basilisa, sendo a festa grande a de San Xusto e San Pastor, que ten lugar o segundo domingo de agosto. Tamén se fai o Mercado Tradicional de Porrúa, no que se amosan a artesanía, a música, o folclore e a etnografía da zona. Porrúa conta tamén cunha feira de gando anual.

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Imaxe destacada

editar

Monumento a Paio en Covadonga.
Vexa o artigo Paio de Asturias.


...Arquivo
Biografía destacada

editar

Rodrigo Cuevas González, nado en Oviedo en 1985, é un artista multidisciplinar, cantante, compositor, acordeonista, DJ e presentador de televisión asturiano. Na súa música e espectáculos, incorpora bases electrónicas á música tradicional, e viste vestimenta rural mesturada cun estilo cabaré e pin-up.

En 2023 foi Premio Nacional das Músicas Actuais.

Sabías que...?

editar

Traballadores detidos pola Garda Civil e a Garda de Asalto durante a Revolución asturiana de 1934.


...Arquivo
Portais relacionados
Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario