En Aragón fálanse variedades lingüísticas clasificadas dentro de tres idiomas: o castelán, única lingua oficial e maioritaria; o aragonés, lingua orixinal e histórica falada actualmente no norte da comunidade; e o catalán, falada na franxa oriental.
Héroes del Silencio (ás veces denominado simplemente Héroes) foi un grupo de Rock & Roll de Zaragoza (Aragón, España), formado inicialmente por Juan Valdivia e Enrique Bunbury a mediados dos anos 80. Na década de 1990 experimentaron un grande éxito en torno a España e América, e varios países europeos, incluíndo Alemaña, Bélxica, Suíza e Francia, converténdose nun dos máis exitosos grupos na historia do rock en español. Despois de doce anos e numerosos álbums, a banda separouse no ano 1996. No 2007, 20 anos despois das súas primeiras gravacións e 11 despois da súa ruptura, anunciaron o seu regreso cunha xira de 10 concertos en España e América, logo da cal se separarían definitivamente.
Tras unha lenta aprendizaxe na súa terra natal, no ámbito estílistico do barroco tardío e as estampas devotas, viaxa a Italia en 1770, onde traba contacto co incipiente neoclasicismo, que adopta cando marcha a Madrid a mediados desa década, xunto cun pintoresquismo costumista rococó derivado do seu novo traballo como pintor de cartóns para os tapices da manufactura real de Santa Bárbara. O maxisterio nesta actividade e noutras relacionadas coa pintura de corte impoñíao Mengs, e o pintor español máis reputado era Francisco Bayeu, que foi cuñado de Goya.
Unha grave enfermidade da que adoece en 1793 lévao a achegarse a unha pintura máis creativa e orixinal, que expresa temáticas menos amables que os modelos que pintara para a decoración dos palacios reais. Unha serie de cadriños en folla de lata, ós que el mesmo denomina de capricho e invención, inician a fase madura da obra do artista e a transición cara a unha estética romántica.
Ademais, a súa obra reflicte o convulso período histórico no que vive, particularmente a Guerra da Independencia, da que a serie de estampas dos Desastres da guerra é case unha reportaxe moderna das atrocidades cometidas e compoñen unha visión exenta de heroísmo onde as vítimas son sempre os individuos de calquera clase e condición.