Portal:Andalucía/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Madīnat al-Zahrā (en árabe مدينة الزهراء, "A cidade de Zahra"), tamén coñecida como Medina Azahara, foi unha cidade palatina ou áulica que mandou edificar Abderramán III (Abd al-Rahman III, al-Nasir) a uns 8 km na periferia de Córdoba en dirección oeste, máis concretamente, en Serra Morena.

Os principais motivos da súa construción son de índole político-ideolóxica: a dignidade de califa exixe a fundación dunha nova cidade, símbolo do seu poder, a imitación doutros califatos orientais e sobre todo, para mostrar a súa superioridade sobre os seus grandes inimigos, os fatimíes de Ifriqiya, a zona norte do continente africano. Ademais de opoñentes políticos, tamén o eran no religioso, xa que los fatimíes, xiís, eran inimigos dos omeias, maioritariamente sunnitas.

A cultura popular tamén di que foi edificada como homenaxe á muller favorita do califa: Azahara.

O xacemento arqueolóxico de Madīnat al-Zahrā está declarado Ben de interese cultural na categoría de monumento dende o ano 1923. O 27 de xaneiro de 2015 «Madīnat al-Zahrā» foi inscrita na Lista Indicativa de España do Patrimonio da Humanidade, na categoría de ben cultural (nº. ref 5978).