Porta XNOR
| Táboa de verdade da porta XNOR | ||
|---|---|---|
| Entrada | Saida | |
| A | B | A XNOR B |
| 0 | 0 | 1 |
| 0 | 1 | 0 |
| 1 | 0 | 0 |
| 1 | 1 | 1 |
| Conectivas lóxicas | ||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
||||||||||||||||||||||
A porta XNOR (ás veces ENOR, EXNOR, NXOR, XAND e pronúnciase como NOR Exclusivo ) é unha porta lóxica dixital cuxa función é o complemento lóxico da porta OR Exclusiva (XOR).[1] É equivalente ao conectivo lóxico () da lóxica matemática. A versión de dúas entradas implementa a igualdade lóxica, comportándose segundo a táboa de verdade da dereita, polo que a porta ás veces chámase "porta de equivalencia". Resulta unha saída alta (1) se as dúas entradas da porta son iguais. Se unha das entradas, mais non as dúas, é alta (1), resulta unha saída baixa (0).
A notación alxébrica utilizada para representar a operación XNOR é . As expresións alxébricas e ambas as dúas representan a porta XNOR coas entradas A e B.
Símbolos
[editar | editar a fonte]Hai dous símbolos para as portas XNOR: un con forma distintiva e outro con forma rectangular e etiqueta. Ambos os símbolos para a porta XNOR son o da porta XOR cunha burbulla de inversión engadida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Exclusive-NOR Gate Tutorial". Consultado o 6 maio 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Texas Instruments© CD4077 Datasheet Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.