Port Moody
City of Port Moody | ||
---|---|---|
| ||
| ||
![]() | ||
Estado | Canadá | |
Capital | Victoria (da Columbia Británica) | |
• Poboación | n/d | |
Lingua oficial | inglés | |
• Total | 26 km² | |
• % auga | n/d | |
• Total (2011) | 32975 hab. | |
• Densidade | 1274 hab./km² | |
Fuso horario | UTC -8 | |
Port Moody é unha pequena cidade da provincia canadense da Columbia Británica.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Administración[editar | editar a fonte]
Port Moody está ao final de Burrard Inlet en Metro Vancouver (unha mancomunidade de 21 municipios, incluíndo o de Vancouver, un distrito electoral e unha First Nation).[1]
Metro Vancouver planifica e ofrece servizos en colaboración a escala rexional. Os seus principais servizos son a auga potable, o tratamento de augas residuais e a xestión de residuos sólidos; tamén regula a calidade do aire, planifica o crecemento urbano, xestiona un sistema de parques rexionais e ofrece vivendas accesibles. O distrito rexional está gobernado por unha Xunta Directiva de cargos electos de cada entidade local.
O alcalde de Port Moody é Mike Clay.[2]
Demografía[editar | editar a fonte]
En 2011, 32.975 persoas vivían en Port Moody.
Cultura[editar | editar a fonte]
Identifícase co alcume de "City of the Arts" (Cidade das Artes) por ter sido o destino de diversos artistas polo seu baixo alugueiro, a súa fermosa paisaxe e a súa iluminación ambiental. En 2020 gravouse no College Park Elementary da cidade a serie de Netflix Ollie está perdido, estrenada en agosto de 2022.[3]
Topónimo[editar | editar a fonte]
A cidade leva o nome de Richard Moody, antigo gobernador das Illas Malvinas e primeiro tenente-gobernador da Colonia da Columbia Británica.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vancouver, Metro. "Metro Vancouver - Home". www.metrovancouver.org (en inglés). Consultado o 2022-08-24.
- ↑ TCTV (2018-10-02). "Mike Clay - Mayor, Port Moody" (en English). Consultado o 2022-08-24.
- ↑ Gittins, Susan. "LOST OLLIE Filming at Port Moody's College Park Elementary". Hollywood North Buzz (en inglés). Consultado o 2022-08-24.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Port Moody ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Canadá |