Pontevea, Reis, Teo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pontevea»)
Pontevea

Ponte de Pontevea con Pontevea ao fondo.
ParroquiaReis
ConcelloTeo
Coordenadas42°45′42″N 8°32′48″O / 42.76166667, -8.54666667Coordenadas: 42°45′42″N 8°32′48″O / 42.76166667, -8.54666667
Poboación177 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Pontevea é un lugar da parroquia de Reis no concello coruñés de Teo, na comarca de Santiago.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 177 habitantes (84 homes e 93 mulleres).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A ponte de Pontevea é unha construción do século XV que cruza o río Ulla, unindo as provincias de Pontevedra e A Coruña. Ten seis arcos con bóvedas oxivais de transición do románico ao gótico: tres deles semicirculares e outros tres lixeiramente apuntados. Os vértices suavizan a presión das augas.

Foi reformada en varias ocasións, a última na década de 1990, por mor dos danos sufridos en inundacións e na Guerra da Independencia. A finais do século XX construíuse outra ponte paralela.

A burga de Xermeade está a carón da ponte nova sobre o Ulla. É unha fonte cun cano que dá a un estanque circular. Un párroco, coñecedor das propiedades das augas, mandou construír unha casa de baños (actualmente en ruínas), e unha fonte e unha piscina a carón dela para que a xente pobre tamén se puidese beneficiar delas. Porén, coa morte do crego unha familia da zona fíxose cargo da burga e quixo privatizala, mais o pobo presentou un preito pola propiedade do manancial e gañouno. Tempo despois, a instalación do oleoduto Vigo-A Coruña a 20 metros cortou a veta que abastecía a fonte, mais a presión veciñal provocou a restitución do manancial.

As súas augas son sulfuradas -cloruradas sódicas-, e saen a uns 15 °C cun caudal moderado. Son usadas nas afecciones reumáticas, da pel, doenzas dos ollos, e como bebida para as do fígado.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Reis[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Reis no concello de Teo (A Coruña)

Chao do Río | Coira | O Ferreiriño | A Freiría | Freixeiro | A Igrexa | Montecelo | Olveira | O Outeiro | Pazos | O Piñeiro | Pontevea | A Ribeira | Samar | Valiñas | Vieiro | Xermeade

Parroquias de Teo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Teo

Bamonde (Santa María) | Cacheiras (San Simón de Ons) | Calo (San Xoán) | Lampai (Santa María) | Lucí (Santa Mariña) | Luou (Santa María) | Oza (Santa Baia) | Rarís (San Miguel) | Recesende (San Xoán) | Reis (San Cristovo) | Teo (Santa María) | Vilariño (San Tomé)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Reis, Teo". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]