Saltar ao contido

Ponte de Pontevea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte de Pontevea
Reis e Couso Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Atravesa
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data9 de novembro de 2017
Fontes e ligazóns
Redes
Patrimonio Galego: 16036
Wikidata C:Commons

A ponte de Pontevea cruza o río Ulla entre os concellos da Estrada (provincia de Pontevedra) e Teo (provincia da Coruña). No 2017 foi declarada Ben de Interese Cultural.[1]

A ponte de Pontevea é un lugar onde confluían varios camiños, rutas comerciais e rutas de peregrinación. Un deles puido ser a vía romana XIX do Itinerario Antonino, entre Bracara Augusta e Lucus Augusti, aínda que non hai acordo entre os historiadores ao respecto. Polo tanto, é posible que nesta zona existise unha ponte anterior romana, pero a ponte actual é medieval, construída no século XVI e reconstruída no século XVIII.[1]

En 1809, durante a Guerra da Independencia Española, os combates arredor da ponte provocaron a perda dun dos seus arcos, que foi substituído en 1822. En 1845, o concello da Estrada encargou novas reparacións na ponte.[1]

A ponte de Pontevea foi a única travesía do Ulla nesta zona ata 1980, cando se construíu outra ponte paralela, pola que transcorre a actual estrada. En 2010, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural arranxou e consolidou a ponte, facéndoa exclusivamente peonil.[1]