Ponte de Pontecesures
| Ponte de Pontecesures | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Pontecesures e Iria Flavia | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Parte de
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||
| Wikidata C:Commons |
A ponte de Pontecesures é unha ponte que une as vilas de Santa María de Iria Flavia (Padrón) e San Xulián de Pontecesures (Pontecesures) a vez que as provincias da Coruña e Pontevedra. Salva o río Ulla, cerca da súa desembocadura, e por ela discorre a estrada N-550 é o camiño Portugués.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia local afirma que esta ponte é de orixe romana, levantada entre os anos 25 a. C. e o século I d. C. e o seu nome procede do vocablo Pons Caesaris (Ponte do César) polo que sería levantada por orde do emperador César Augusto. Outras voces como a do historiador padronés Eloy Rodríguez, afirman que non existe ningún elemento romano pero non descartan a posibilidade de que no lugar ou moi cerca existira unha ponte romana. Segundo Eloy a ponte é de orixe medieval con diversas modificacións posteriores que modificaron notablemente a súa estrutura orixinal. Da mesma maneira tamén se discute o topónimo que podería vir de cessuris ou censuris xa que a ponte servía para levar a cabo o censo romano, que controlaba o número de habitantes e o pago dos tributos.[1][2][3]
Sufriu varias reformas ao longo da súa historia. Unha das máis relevantes foi a do ano 1611 levada a cabo polo Mestre Mateu (autor do Pórtico da Gloria).[4] Posteriormente tamén foi restaurada en 1790, 1911 e 1956.
Características
[editar | editar a fonte]Consta de trece arcos, uns con bóvedas oxivais e outros de medio punto.[5]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Ilustración da ponte do ano 1879.
-
Vista da ponte
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Puente romano de Pontecesures". www.albariño.com (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2025.
- ↑ Botrán, C. (17 de marzo de 2015). "Pontecesures, una obra histórica marcada por la leyenda romana". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2025.
- ↑ "Puente Romano de Pontecesures". mardesantiago.com (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2025.
- ↑ "Puente romano". www.padronturismo.gal (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2025.
- ↑ Moure, Xabier (2 de febreiro de 2013). "Ponte de Pontecesures". patrimoniogalego.net. Consultado o 23 de maio de 2025.
