Ponte 25 de Abril
Aparencia
| Ponte 25 de Abril | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Alcântara e Almada, Cova da Piedade, Pragal e Cacilhas | |||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||
|
Material usado
| |||||||||||
|
Enxeñeiro estrutural
| |||||||||||
| Acceso | |||||||||||
|
Prezo de acceso
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Transporte | |||||||||||
|
Permite o paso de
| |||||||||||
|
Seguinte cruzamento cara arriba
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
A Ponte 25 de Abril é unha ponte colgante rodo-ferroviaria que se alza sobre o estuario do río Texo, na área metropolitana de Lisboa (Portugal). Oficialmente designado no seu día como Ponte Salazar, por ter sido mandado construír por Salazar en 1960, mudou a súa denominación pola actual trala Revolución do 25 de abril de 1974, que restaurou a democracia en Portugal.
Descrición
[editar | editar a fonte]A construción, de aceiro, esténdese por case 2 km., e conecta o sur, Almada, co norte de Lisboa. A parte inferior foi renovada para albergar vías de tren. Os atascos frecuentes da ponte solucionáronse parcialmente coa construción da Ponte Vasco da Gama, de 17 km, que atravesa o río Texo de Montijo a Sacavém, ao norte do Parque das Nações e que foi rematada en 1998.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Imaxe panorámica. Estuario do río Texo, Ponte 25 de Abril, e Lisboa á dereita da imaxe.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte 25 de Abril |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Ponte 25 de Abril, Lisbon Suspension Bridge Guide". LisbonWeekendGuild (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 06 de xullo de 2018.
- A Ponte Salazar sobre o rio Tejo em Lisboa - 1966 (sobre a construción da ponte en 1960)(en portugués)
