Saltar ao contido

Pont des Arts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pont des Arts
1º distrito de París, Quartier de la Monnaie e Saint-Germain-l'Auxerrois Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2013)
 Instancia de
 Epónimo
 Parte de
 Material usado
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Enxeñeiro estrutural
Datas
 Fundación / creación
1804 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1981construción Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Permite o paso de
skyway (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Seguinte cruzamento cara arriba
 Seguinte cruzamento cara abaixo
Dimensións
Anchura10 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude155 m Editar o valor en Wikidata
Número de arcos7 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Atravesa
Recoñecemento
Monumento histórico inscrito  
Data17 de marzo de 1975
IdentificadorPA00085998
Wikidata C:Commons

A ponte das Artes ou pasarela das Artes (en francés: Pont des Arts ou passerelle des Arts) é unha ponte parisiense sobre o río Sena de uso peonil que se atopa no VI Distrito. Une o Instituto de Francia co Museo do Louvre.

Construído de 1801 a 1804, foi a primeira ponte metálica da capital francesa.

A ponte, que se atopaba en mal estado, foi pechado en 1976. Dous anos máis tarde derrubouse parcialmente polo choque dunha barcaza contra un dos seus alicerces.

A ponte actual foi reconstruída entre 1981 e 1984 coa mesma forma que o anterior, agás que ten dous alicerces menos para facilitar a navegación polo río. Foi reinaugurado o 27 de xuño de 1984 por Jacques Chirac, quen era daquela alcalde de París.

Utilizado ocasionalmente para exposicións artísticas, é tamén un lugar que atrae ós turistas, pintores, debuxantes e fotógrafos polas panorámicas que ofrece da Île de la Cité e das pontes de París. É lembrado como punto de encontro entre "a Maga" e "Oliveira" na novela Rayuela, de Julio Cortázar.

En anos recentes, a ponte foi utilizada como escenario para un costume das parellas que visitan a cidade. O xesto consiste en pechar un cadeado nas reixas das varandas da ponte, o cal ten escrito os nomes da parella ou algún outro mensaxe. Posteriormente a chave do cadeado é guindada ó río Sena, simbolizando que o amor entre ambos será eterno.[1] Por mor do peso dos cadeados e á deterioración que isto provocaba na ponte, o concello de París decidiu retirar os cadeados da Ponte das Artes en 2015.[2]