Polina Semionova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polina Semionova
Nacemento13 de setembro de 1984
Lugar de nacementoMoscova
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Ocupacióncoreógrafa, bailarina de ballet e bailarina
PremiosBerliner Bär
Na rede
IMDB: nm2498117 Instagram: polinasemionovaofficial Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Polina Aleksándrovna Semiónova (en ruso Полина Александровна Семионова), nada en Moscova en 1984, é unha bailarina rusa de ballet clásico.

Foi Primeira bailarina do Staatsoper Unter den Linden de Berlín. Está considerada como unha Prima Ballerina, e é unha das máis novas en alcanzar ese tipo de recoñecemento. Dende setembro de 2012 é Principal Dancer do American Ballet Theater de Nova York, onde debutou en 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando estudaba no Bolshoi Ballet Academy de Moscova, conseguiu varios premios nas principais competicións de ballet, entre eles a medalla de ouro na Moscow International Ballet Competition de 2001, o Primeiro Premio na Vaganova-Prix Ballet Competition en San Petersburgo de 2002 e o Premio Júnior na International Ballet Competition de Nagoya, no Xapón, en 2002.

Graduada en 2002, Semionova uniuse ao Ballet Staatsoper Berlin como bailarina principal tras o convite de Vladimir Malakhov, converténdose así na primeira bailarina máis nova da historia da compañía con 18 anos. Realizara unha xira polo Xapón con Malakhov como compañeiro, de aí o convite deste. Interpretou os papeis principais nel da obra Schelkúnchik (O Crebanoces) e Bayaderka durante a primeira tempada, e logo interpretou o papel de Tatiana en Yevgueni Oneguin, que se convertería no seu favorito.

En 2003, con 19 anos, Polina interpretou co English National Ballet Lebedínoye óziero (O lago dos cisnes), obtendo un grande éxito entre os críticos ingleses. Ao ano seguinte, uniuse ao California Ballet para a súa produción do ballet Spyashchaya krasavitsa (A bela dormente), impresionando de novo aos críticos a pesar de que o resto do conxunto non foi tan ben valorado.

Apareceu tamén no vídeo musical de Herbert Grönemeyer Demo (Letzter Tag), que ao ser subido a YouTube, deuna a coñecer a un público máis amplo que o mero afeccionado ao ballet.

Polina é unha das bailarinas que aparecen no EuroArts DVD Divine Dancers Live from Prague, no que baila un pas de deux do ballet L'histoire de Manon.