Plurivocidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Polifonía (literatura)»)
Primeira páxina da novela de Dostoyevski Os irmáns Karamazov, novela típicamente polifónica.

A plurivocidade, tamén coñecida polo termo polifonía literaria ou heteroxeneidade enunciativa, é unha modalidade narrativa consistente na existencia de varias personaxes narradoras nun mesmo texto. Este recurso literario permite ofertar diferentes perspectivas ao lector, podendo incluír ideas ou pensamentos de terceiras persoas.[1]

Orixe[editar | editar a fonte]

O concepto de plurivocidade foi tomado da polifonía musical, na que nunha composición musical existen varían melodías que se tocan de xeito independente.

Foi desrito por vez primeira polo teórico ruso Mijail Bajtín para se referir ao que el consideraba a principal característica distintiva das novelas de Fiódor Dostoyevski. Nas novelas deste autor, cada personaxe expoñía o seu xeito de ver a vida, o que provocaba que o lector fose quen de coñecer tantas perspectivas fronte ao mundo coma personaxes existiran na novela. A novela de Dostoyevski máis representativa desta técnica literaria é Bratia Karamazovy. Segundo Batjín, a plurivocidade é a presenza doutros textos dentro dun texto.

Autores[editar | editar a fonte]

Na literatura universal varios autores empregaron este recurso literario. Posibelmente, o libro Ulises de James Joyce foi, sen el sabelo, un dos primeiros en utilizar a plurivocidade. A novela Don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes, así coma varias obras de William Shakespeare foron tamén algunhas das primeiras novelas europeas nas que se empregou esta técnica.

Máis adiante, varios autores modernistas empregaron a polifonía literaria nos seus escritos, coma Milan Kundera ou Hermann Broch.

Así, algúns exemplos de literatura polifínica son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Glosario de termos literarios". alipso.com. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mikhail Bakhtin. Problems of Dostoyevsky’s Art: Polyphony and Unfinalizability

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]