Política económica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A expresión política económica posúe basicamente dúas acepcións; en sentido estrito, refírese a unha determinada medida que o goberno leva a termo co fin de interferir na economía; por outro lado, tamén quere dicir o conxunto ou estudo de todas as medidas económicas que o goberno adopta, é dicir, todas as políticas económicas. Varios factores, de ámbito internacional, coma o Fondo Monetario Internacional ou decisións da Comunidade Económica Europea, e de ámbito interno, coma recursos naturais ou cantidade de riquezas acumuladas, son apreciados polo goberno.[1][2]

Un factor que inflúe moito é a orientación política do goberno instalado, ou sexa, a súa localización dentro do espectro político. Gobernos máis identificados como de esquerda tenden a impor maior control e tributos sobre a circulación de bens e diñeiro, e tentan influír directamente sobre determinado sector. Gobernos máis á dereita, á súa vez, tenden a liberar a actividade económica e crear menos tributos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Persson, Torsten; Tabellini, Guido Enrico (2000). Political economics: explaining economic policy (en inglés). Massachusetts: MIT. p. 2. 
  2. Galindo Martín, Miguel Angel (2008). Diccionario de economia aplicada: Politica economica, economia mundial y estructura económica (en castelán). Madrid: Ecobook. p. 381. 
  3. Stewart Clark, Barry (1998). Political economy: a comparative approach (en inglés). Connectcut. p. 4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.