Polígono industrial das Lagoas
Aparencia
Polígono industrial das Lagoas | |
---|---|
Instalacións de Intaf nas Lagoas, Narón. | |
Tipo | polígono industrial |
En | Narón |
País | Galicia |
43°31′17″N 8°11′12″O / 43.5213201, -8.1868019 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O polígono industrial das Lagoas é unha zona industrial e de servizos situada no concello de Narón. É o máis antigo dos tres polígonos existentes en Narón.
Historia e descrición
[editar | editar a fonte]A zona foi asentamento de empresas da comarca. A subida nos prezos do terreo en Narón fixo que as empresas se asentasen na estrada Freixeiro-Valdoviño AC-566, por iniciativa propia. En 2013 ampliouse a estrada que o atravesa e urbanizouse a zona con vías paralelas á principal.[1]
Ten unha superficie de 900 000 metros cadrados en máis de 100 parcelas. Na zona están empresas como Mármoles Feal (a máis antiga), Grupo Intaf, Guidoni ou Cementos Cosmos.
Accesos
[editar | editar a fonte]- FE-12. Une o polígono coa N-655 de acceso ao porto exterior e a AP-9
- AG-64. Saída 3, Freixeiro.
- AC-116. Vía estrada DP-5408.