Pokémon the Movie: I Choose You!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon the Movie: I Choose You!
Ficha técnica
Título orixinal劇場版 ポケットモンスター キミにきめた!
DirectorKunihiko Yuyama
ProdutorSatoshi Shimodaira
Susumu Matsuyama
Atsushi Chiku
Hidenaga Katakami
GuiónShōji Yonemura
Baseado enPokémon de Satoshi Tajiri
IntérpretesUnshō Ishizuka (narrador)
MúsicaShinji Miyazaki
FotografíaAya Aoshima
MontaxeToshio Henmi
EstudioOLM
OLM Digital
DistribuidoraToho
EstreaJapan Expo: 6 de xullo de 2017
15 de xullo de 2017
Duración97 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Recadación3 310 millóns de iens (Xapón)
Na rede
IMDB: tt6595896 Filmaffinity: 114195 Allocine: 258886 Rottentomatoes: m/pokemon_the_movie_i_choose_you Mojo: pokemonichooseyou TCM: 2158819 Netlix: 81046846Editar o valor em Wikidata

Pokémon the Movie: I Choose You! (en xaponés: Pocket Monsters the Movie: I Choose You! (劇場版 ポケットモンスター キミにきめた! Gekijō-ban Poketto Monsutā Kimi ni kimeta!?) é un filme xaponés de 2017 dirixido por Kunihiko Yuyama. É o vixésimo filme baseado na serie Pokémon, creada por Satoshi Tajiri e producido por OLM. Está vagamente baseado no episodio piloto da serie, e o guión foi escrito por Shoji Yonemura. Está protagonizado polas voces de Rica Matsumoto, Ikue Ōtani, Unshō Ishizuka, Megumi Hayashibara, Shin-ichiro Miki, Inuko Inuyama, Kanata Hongō, Shiori Sato e Ryōta Ōsaka. Está ambientado nunha liña de tempo alternativa, e conta a historia do adestrador Ash Ketchum e os seus amigos, Pikachu, Verity e Sorrel, que tratan de atopar o Pokémon lendario Ho-Oh nun encontro no monte Tensei.

I Choose You! estreouse no Japan Expo de Francia o 6 de xullo de 2017[1] e nos cinemas do Xapón o 15 de xullo.[2] A estrea cadrou co vinte aniversario da serie anime. O filme recadou 37,6 millóns de dólares en todo o mundo e 3 310 millóns de iens no Xapón, recibindo valoracións dispares por parte da crítica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "World Premiere: The 20th Pokémon Movie". Japan Expo. SEFA Event. 24 de maio de 2017. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  2. "20作目は何かが違う……!? 『劇場版ポケットモンスター キミにきめた!』2017年7月15日公開決定、トレーラーが公開". Famitsu (en xaponés). Gzbrain. 15 de decembro de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]