Poké Ball

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Poké Ball clásica, empregada como icona principal da franquía Pokémon.

A Poké Ball, coñecida no Xapón como Monster Ball (Monsutābōru?) no mundo ficticio de anime e videoxogos RPG de Pokémon, é un aparello especial para capturar e transportar Pokémon.[1]

Estes son mantidos no seu interior "descansando" (pero non recuperándose) mentres non están en batalla.[2] Hai diferentes clases de Poké Balls, sendo a Master Ball, a máis poderosa de todas as balls, capturando un Pokémon salvaxe o 100% das veces.[3]

Da serie de anime, pódese describir a Poké Ball como un aparello pequeno (cabe no puño dun neno de dez anos, o cal fai estimar o seu tamaño nuns 4 ou 5 centímetros de diámetro). A pesar diso, pode conter no seu interior un Pokémon de gran tamaño (como Snorlax ou Wailord).[2] Para cargalas, un adestrador preme o botón do centro comprimindo o seu tamaño a ao redor de 1 cm de diámetro, o cal pode cargar no seu cinto.

O seu nome provén de Pocket Ball, ou bóla de peto, o cal se debe ao seu pequeno tamaño ou ben do propio nome dos Pokémon.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. NINTENDO OF AMERICA INC. Pokémon Trainer's Guide. Pokemon Red Version [Videoxogo] Redmond, WA. EEUU (1998) p. 7
  2. 2,0 2,1 Nelson, R. Movoto, ed. "What's It Like Inside a Pokémon's Poké Ball?" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2014. 
  3. NINTENDO OF AMERICA INC. Pokemon Emerald Version: Instruction Booklet. Redmond, WA. EEUU (2005) p. 40
  4. Puissance Pokémon (ed.). "PokéBallDex" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2014.