Podiceps occipitalis
| Podiceps occipitalis | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] subespecie do sur | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distriución da subespecie do sur (non se representa a da subespecie do norte, ver texto) | |||||||||||||||
Podiceps occipitalis é unha especie de mergullón da familia Podicipedidae. Vive no oeste e sur de América do Sur, onde habita en lagos e outros tipos de zonas húmidas abertas. Ten dúas subespecies, que para algunhas autoridades recentes son consideradas especies separadas.[1][2]
Taxonomía e subespecies
[editar | editar a fonte]Comprende dúas subespecies, aínda que algunhas autoridades como a IUCN recoñécenas como especies separadas:
- P. o. juninensis(von Berlepsch & Stolzmann, 1894) – A subespecie do norte que vive nos planaltos dos Andes a altitudes de 3000-5000 m desde Colombia ao noroeste da Arxentina e norte de Chile.[2]
- P. o. occipitalis, (Garnot, 1826) – A subespecie do sur, que vive a altitudes de ata 1500 m na parte central e sur de Chile e a Arxentina, e nas illas Malvinas. É parcialmente migratoria, cunha área de invernada desde o sur do Brasil, ao sur de Bolivia e Paraguai.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]É un mergullón duns 28 cm de lonxitude. Hai dúas subespecies que difiren na coloración da cabeza e plumas da face. Na forma do sur, as plumas da zona do oído son amareladas e a parte lateral da cabeza e a gorxa son grises. Na forma do norte, as plumas da zona do oído son grises e o lateral da cabeza e gorxa son brancos. Ambas as dúas teñen un píleo negro e o pescozo, peito e ventre brancos, un dorso gris escuro e as partes laterais e flancos anegrados e ollos vermellos. A forma do norte ten unha aparencia similar ao raro e moi localizado Podiceps taczanowskii, e as súas distribucións xeográficas solápanse.[3][4]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Nidifica na Arxentina, illas Malvinas, Chile e oeste de Bolivia, Perú, Ecuador e Colombia. A subespecie do sur é migratoria, e en inverno chega polo norte a Paraguai, sur de Bolivia e sur do Brasil e posiblemente tamén a Uruguai. O seu hábitat son lagos de auga doce, lagoas costeiras, encoros e lagoas.[3] Nos Andes adoita ter preferencia por lagos debilmente alcalinos e por veces pode atoparse buscando comida en lagos hipersalinos. Na Patagonia ás veces habita en lagos salinos, onde se pode encontrar en compañía de flamengos.[4]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Encóntrase en pequenos grupos e aliméntase de invertebrados acuáticos que captura mentres se mergulla baixo a auga.[4] A súa dieta comprende adultos e larvas de tricópteros, escaravellos acuáticos, mosquitos quironómidos e hemípteros Corixidae.[5]
Adoita reproducirse en colonias en lagos. O niño xeralmente esá composto de tapices flotantes de vexetación.[4] A nidificación rexistrouse en febreiro en Colombia e entre setembro e marzo no Perú e poñen a maioría dos ovos entre novembro e xaneiro.[5]
Conservación
[editar | editar a fonte]A IUCN recoñece as subespecies do sur e do norte como especies separadas. A do sur considérase que está nun estado de conservación pouco preocupante e a do norte está case ameazada. Ambas teñen amplas áreas de distribución, pero as súas pobaocións están diminuíndo. Isto débese principalmente á perda de hábitat, mais tamén á caza e por causa das especies introducidas.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 BirdLife International. "Podiceps occipitalis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- 1 2 3 BirdLife International. "Podiceps juninensis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- 1 2 "Blanquillo: Podiceps occipitalis occipitalis". Aves de Chile (en castelán). Consultado o 2014-06-30.
- 1 2 3 4 "Podiceps occipitalis". Neotropical Birds Online. Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 2014-07-01.
- 1 2 Llimona, F.; del Hoyo, J.; Jutglar, F.; Garcia, E.F.J.; Kirwan, G.M. (2024). Kirwan, Guy M.; Keeney, Brooke K.; Medrano, Fernando, eds. "Silvery Grebe (Podiceps occipitalis)". Handbook of the Birds of the World Alive. doi:10.2173/bow.silgre1.02.1. Consultado o 2014-07-02.
