Poboación (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

En bioloxía unha poboación é un conxunto de individuos da mesma especie que ocupan unha área concreta nun momento determinado.

As poboacións póden estudarse dende dous puntos de vista: a distribución no tempo e a distribución no espazo dos organismos.

Dinámica das poboacións[editar | editar a fonte]

Estuda a distribución nos tempos a través dos seguintes parámetros:

  • natalitade. Relación entre o número de nacementos por unidade de tempo e o tamaño da poboación.
  • mortalitade. Relación entre o número de mortes por unidade de tempo e o tamaño da poboación.
  • inmigración. Relación entre o número de individuos procedentes doutras poboacións por unidade de tempo e o tamaño da poboación.
  • emigración. Relación entre o número de individuos que deixan a poboación por unidade de tempo e o tamaño da poboación.

Para calcular o tamaño dunha poboación emprégase a taxa de crecemento, que é a relación entre a variación do número de individuos e o colectivo inicial. A taxa de crecemento máxima ou teórica chámase potencial biótico.

Distribución espacial[editar | editar a fonte]

Os organismos dunha poboación poden distribuírse no espazo de tres formas:

  • ao azar, por especies que non forman grupos, en ambientes uniformes
  • uniforme, en ambientes desfavorables onde se establecen relacións de competencia
  • en grupos ou agregados, porque representa unha vantaxe para a supervivencia nun medio heteroxéneo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]