Saltar ao contido

Pobo tsleil-waututh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo tsleil-waututh
 Instancia de
 Poboación
706 Editar o valor en Wikidata
 Lingua materna
 Linguas faladas
 Grupo cultural
Localización
 Situado en
Identificadores
Freebase/m/08klxg Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata
Sinal de benvida da nación tsleil-waututh.

O pobo tsleil-waututh (en halkomelem: səlilwətaɬ,[1] [səlilwətaɬ]) é un pobo indíxena que pertence ao grupo de pobos salish da costa. Habitan na provincia canadense da Columbia Británica. A nación tsleil-waututh falan hən̓q̓əmin̓əm̓, o dialecto río abaixo[2] da lingua halkomelem, e están estreitamente relacionados, mais política e culturalmente separados das nacións veciñas dos Sḵwx̱wú7mesh (squamish) e xʷməθkʷəy̓əm (musqueam), con cuxos territorios tradicionais se solapan algunhas reivindicacións de terras.

Segundo o Índice Nacional de Benestar Comunitario de 2011, Burrard Inlet 3 está considerada a comunidade das Primeiras Nacións máis próspera do Canadá.[3]

  1. George, Gabriel. "We officially represent as səlilwətaɬ". Twitter. @edgegeo. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  2. Tsleil-Waututh Nation].
  3. Canada, Government of Canada; Indigenous and Northern Affairs (25 May 2021). "The Community Well-Being (CWB) Index, 1981-2011". www.aadnc-aandc.gc.ca (en inglés).