Saltar ao contido

Pobo sorbio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo sorbio
Imaxe da bandeira
Imaxe
Traxes tradicionais sorbios.
 Instancia de
 Subclase de
 Estudado por
 Ten o papel
Características
 Relixión
Cifras e dimensións
 Poboación
   60.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Orixinario de
Alemaña Alemaña60 000
República Checa República Checa2 000[1]
Polonia Poloniamenos de 1 000
Códigos e identificadores
Freebase/m/013bbv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Os sorbios[2] ou sorabos[3] (en alto sorbio: serbja, en baixo sorbio: serby, en alemán: sorben), son un grupo étnico eslavo que habitan en Lusacia, unha rexión dividida entre Alemaña (os estados de Saxonia e Brandenburgo) e Polonia (as provincias de Baixa Silesia e Lubusz). Segundo Constantino VII, os serbios dos Balcáns teñen a mesma orixe que os sorbios e os caxubios. Tamén di que os serbios habitaron as áreas entre os ríos Elba e Vístula, na costa sur do mar Báltico. Tradicionalmente falan a lingua sorbia, estreitamente relacionada co polaco, o caxubio, o checo e o eslovaco.[4] O sorbio é unha lingua minoritaria oficialmente recoñecida en Alemaña. Os sorbios están xenética e lingüisticamente máis relacionados cos checos e cos polacos. Por mor do proceso de asimiliación cultural entre os século XVII e XX, tódolos sorbios falan alemán dende o século XIX, e as novas xeracións tenden a non falar a lingua. O pobo sorbio está dividido relixiosamente entre católicos (a maioría) e luteranos.

  1. luzice.cz (ed.). "Společnost přátel Lužice". Consultado o 18 de marzo de 2015.
  2. González González, Manuel. "Sorbio". Tergal. Consultado o 02/01/2025.
  3. "Entrada sorabo-a en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 29 de novembro de 2017.
  4. Helmut Faska. About Sorbian Language Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine..