Saltar ao contido

Pobo onondaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo onondaga
Imaxe
Características
 Lingua materna
 Linguas faladas
Implicados
 Membro de
Localización
 Situado en
 Sede
Nedrow (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Continente
Fontes e ligazóns
VIAF5146634378441931491 Editar o valor en Wikidata
ISNI000000040632214X Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O pobo onondaga[1] é un pobo indíxena de América do Norte e unha das cinco nacións orixinais dos haudenosaunee (iroqueses). As súas terras de orixe históricas atópanse no actual condado de Onondaga, no estado de Nova York, e arredores del, ao sur do lago Ontario.

Ao estar situados no centro da confederación iroquesa na figurativa casa longa que alberga as Cinco Nacións, son considerados os "Gardiáns do Lume" (Kayečisnakwe’nì·yu[2] en tuscarora). Os cayuga e os seneca teñen territorio ao oeste, e os oneida e os mohawk ao leste. Por esta razón, a Liga dos Iroqueses reuníase historicamente na capital do goberno iroqués, Onondaga, como fan hoxe os xefes tradicionais.

  1. ↑ Definición de onondaga no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. ↑ Rudes, B. Tuscarora English Dictionary, Toronto: University of Toronto Press, 1999.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]