Pobo livonio
| Pobo livonio | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Os livonios[4] (en livonio: līvlizt) son un grupo étnico nativo do norte de Letonia e o suroeste de Estonia.[5] Historicamente, os livonios falaban a lingua livonia, unha lingua urálica estreitamente relacionada co estoniano e o finés. A derradeira persoa que aprendeu e falou o livonio como lingua nai, Grizelda Kristiņa, morreu no ano 2013, convertendo o livonio nunha lingua morta.[6] No ano 2010, existían arredor de 30 persoas que o aprenderon como segunda lingua.
Factores históricos, sociais e económicos, xunto coa dispersión da poboación étnica, resultaron no esmorecemento dos livonios, sobrevivindo só uns pequenos grupos no século XXI. En 2011, só 250 persoas declararon a súa identidade livonia en Letonia.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Prehistoria
[editar | editar a fonte]A data exacta da migración dos livonios á rexión é obxecto de disputa. Segundo as fontes nativas, comezaron a habitar o seu territorio hai máis de 5000 anos. Por outra banda, sábese que as tribos finesas tiveron que desprazarse cara á costa polas migracións dos eslavos contra os séculos VI e VII.[7]
Persoas destacadas
[editar | editar a fonte]- Viktors Berthholds, un dos derradeiros falantes de livonio.[8]
- Caupo de Turaida, xefe do pobo livonio a comezos do século XIII.
- Pētõr Damberg, lingüista, poeta e educador.[9]
- Uļi Kīnkamäg, líder nacionalista.[9]
- Grizelda Kristiņa, derradeira falante coñecida de livonio.[10]
- Kōrli Stalte, mestre, cantor e activista cultural.
- Edgar Vaalgamaa, pastor luterano e tradutor.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Sinal bilingüe con indicacións cara o mar en letón e livonio.
- Bandeiras letoa e livonia na vila de pescadores de Kolka.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Provisional results of the 2011 Population and Housing Census (en inglés)
- ↑ "RL0428: Rahvastik rahvuse, soo ja elukoha järgi, 31. detsember 2011". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2017. Consultado o 06 de febreiro de 2018.
- ↑ "Всероссийская перепись населения 2002 года". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2011. Consultado o 2009-12-24.
- ↑ Definición de livonio -nia no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Minahan, James (2000). One Europe, Many Nations. ISBN 978-0-313-30984-7.
- ↑ Tuisk, Tuuli: "Quantity in Livonian", Congressus XI. Internationalis Fenno-Ugristarum, Piliscsaba, Aug. 10, 2010.
- ↑ Minahan 2000, p. 425.
- ↑ "Viktors Bertholds – a Livonian, a fisherman, a healer - LU LĪBIEŠU INSTITŪTS" (en inglés). 2021-01-06. Consultado o 2026-03-28.
- 1 2 Moseley 1993.
- ↑ "Livonian". Endangered Language Alliance Toronto (en inglés). 2014-02-02. Consultado o 2026-03-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Minahan, James (2000). One Europe, Many Nations (en inglés). Greenwood Publishing Group. ISBN 0-313-30984-1.
- Moseley, Christopher (1993). Language Attrition and Death: Livonian in its Terminal Phase (PDF) (en inglés). Universidade de Londres.