O pobo groenlandés[3] ou kalaallit é un grupo étnico inuit, o meirande de Groenlandia, que vive concentrado no oeste do país. O termo kalaallit é un termo contemporáneo na lingua groenlandesa para se referir aos indíxenas de Groenlandia (en groenlandésKalaallit Nunaat).[4] Os kalaallit (en singular: Kalaaleq)[5] forman parte dos pobos inuit do Ártico. A lingua falada polos groenlandeses coñécese como kalaallisut.
Probablemente adaptado do nome Skræling,[6]Kalaallit referiuse historicamente aos groenlandeses occidentais. Por outra banda, os groenlandés do norte e do leste chámanse inughuit e tunumiit, respectivamente. Ao redor do 80% ao 88% da poboación de Groenlandia, ou aproximadamente entre 44.000 e 50.000 persoas se identifican como inuit.[7][8]
Dado que o 84% da superficie de Groenlandia está cuberta por unha capa de xeo, os kalaallit viven principalmente en tres áreas: a polar, a oriental e maila occidental. Na década de 1850, algúns inuitcanadenses migraron a Groenlandia, uníndose ós pobos inuit da zona polar.[10] Pola súa banda, os inuit do leste, ou tunumiit, habitan o territorio co clima máis moderado, chamado na súa lingua Ammassalik. Os cazadores poden apresar mamíferos mariños usando caiacs durante todo o ano.[10] A rexión nordeste xa non está poboada. Porén, en agosto de 1823Douglas Clavering (1794-1827) coñeceu un grupo de doce inuit (mulleres, homes e nenos) que residían na illa Clavering. Así mesmo, hai restos de antigos asentamentos en diferentes puntos da zona, que se abandonaron cara á metade do século XIX.[11]
Os kalaallit desenvolveron unha importante tradición artística baseada na costura de peles de animal e na elaboración de máscaras. Tamén son coñecidas as súas figuras chamadas tupilaq, que significa "obxecto do espírito maligno". As prácticas tradicionais perduran en Ammassalik. Ademais, o marfil de cachalote continúa a ser un medio común para o entallado.[12]
Clavering, Douglas Charles (1830). "Journal of a voyage to Spitzbergen and the east coast of Greenland, in His Majesty's ship Griper". Edinburgh New Philosophical Journal(en inglés)9: 21–24.