Saltar ao contido

Pobo chepang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo chepang
Nenos chepang nunha granxa no Nepal.
Poboación
Poboación total:
84 364
Rexións principais:
Nepal84 364[1]
Aspectos culturais
LinguaLingua chepang e nepalés
Relixión64,5% hinduísmo, 25,5% cristianismo e 9,7% prakṛti[2]
Grupos
relacionados
Pobo tibetano e pobo mongol
Unha casa típica chepang no distrito de Makwanpur, no Nepal.
Un aparello tradicional empregado polos chepang para extraer aceite de sementes.

Os chepang (en nepalés: चेपाङ जाति), tamén coñecidos como chewang,[3] son un grupo étnico tibeto-birmano das montañas Mahabharat do Nepal central.[4] Viven principalmente nos distritos de Dhading, Chitwa, Gorkha, Makwanpur e Tanahun.[5]

Sociedade

[editar | editar a fonte]

Co aumento da poboación, a falta de terras cultivables e poucas opcións de rego, a desnutrición é un problema histórico para os chepang malia os recursos forestais. Os chepang foron moitas veces caracterizados como os máis pobres entre os pobres do Nepal.[4] Os embarazos adolescentes forzados son comúns.[6] Os homes e as mulleres chepang son basicamente igualitarios e non existe unha clasificación social coma na sociedade nepalesa. Moitos Chepang non pode ler ou escribir por mor da falta de educación máis aló da escola elemental, o cal contrasta cos grandes progresos do Nepal en reducir o analfabetismo.[7]

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

O censo de 2011 do Nepal clasifica os chepang dentro do grupo social máis grande da Montaña Janajati.[8] No censo de 2011 do Nepal, 68.399 persoas (o 0,3% da poboación do país) eran do pobo chepang. A porcentaxe de chepang por provincia era a seguinte:

  • Provincia de Bagmati (1,2%)
  • Provincia de Gandaki (0,2%)
  • Provincia de Koshi (0,0%)
  • Provincia de Lumbini (0,0%)
  • Provincia de Madhesh (0,0%)
  • Provincia de Karnali (0,0%)
  • Provincia de Sudurpashchim (0,0%)

A frecuencia de chepang era máis alta cá media nacional (0,3%) nos distritos seguintes:[9]

  • Chitwan (5,0%)
  • Makwanpur (4,6%)
  • Dhading (4,3%)
  • Gorkha (1,3%)

Modo de vida

[editar | editar a fonte]

Sobre as pasadas dous ou tres xeracións, os chepang empezaron a cambiar dun estilo de vida seminómade a un xeito de vida máis sedentario, dependendo cada vez máis na produción de campos permanentes de millo, millo miúdo e bananas. A topografía fixo o cultivo permanente difícil (e normalmente insuficiente), e o bosque ficou unha importante (a pesar de que decrecente) fonte de comida para os chepang. Historicamente, a recolección de ñame e tubérculos, o peixe collido dos ríos próximos, morcegos e paxaros salvaxes, e periodicamente o cervo salvaxe cazado dos bosques próximos, complementaron a súa necesidade de Carbohidratos e proteínas.[10]

Relixión

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2011 do Nepal, hai case 70.000 chepangs no país, dos cales o 65% eran hindús, o 25% eran cristiáns e o 10% eran animistas.[11] Os chepangs seguen o animismo, a pesar de que está fortemente influído polo hinduísmo e o budismo, o cal foi levado polo pobo tamang, que viven ao norte deles. Celebran todos os festivais hindús de Dashain, Tihar e Sakranti ademais do seu festival tribal propio Nwagi ou Chhonam, o cal se celebra nun martes durante a terceira semana de Bhadra (algún día en agosto e setembro). Chhonam é o día auspicioso para comer un cultivo novo. Antes da celebración deste festival, comer certos produtos agrícolas está prohibido.[5]

Na 5ª Reunión Nacional de Chepang de 2004, confirmouse que practican Prakriti (natureza), con adoración aos devanceiros. Adoran moitas deidades incluíndo a Bhumi, Aita Bare, Gaidu, Namrung (deidade da terra) etc. Tamén observan a outros festivais diferentes como Maghe Sakranti, Saune Sakranti, Dashain, Tihar.[5]

Nos últimos anos, moitos chepang convertéronse ao cristianismo.[12][13]

A lingua é tamén chamada chepang mais é chamado Chyo-bang polos chepang. Os chepang falan 3 dialectos diferentes desta lingua tibetano-birmanan que está estreitamente relacionada coas linguas raute e raji, dúas linguas indocumentadas faladas no Nepal occidental. O chepang é unha das poucas linguas que utiliza un sistema de contar duodecimal (baseado no 12) no canto dun decimal (baseado no 10).

  1. National Statistics Office (2021). National Population and Housing Census 2021, Caste/Ethnicity Report. Government of Nepal (Informe). 
  2. Central Bureau of Statistics (2014). Population monograph of Nepal (PDF) (Informe) II. Government of Nepal. 
  3. https://www.ncard.org.np/categorydetail/chepang.html Arquivado 10 de xuño de 2020 en Wayback Machine. ; visum 2020-06-10
  4. 4,0 4,1 Beine, Caughley and Shrestha. 2012. Chepang Then and Now: Life and Change Among the Chepang of Nepal. Blurb Books.
  5. 5,0 5,1 5,2 "Indigenous Chepang : NNEM". Arquivado dende o orixinal o 2016-03-04. Consultado o 2016-01-02. 
  6. "Scores of teen moms in Chepang community". The Himalayan Times (en inglés). 2015-12-14. Consultado o 2020-12-22. 
  7. "Children in Chitwan deprived of education past primary level". 
  8. Population Monograph of Nepal, Volume II [1]
  9. "2011 Nepal Census, District Level Detail Report" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2023-03-14. Consultado o 2023-03-21. 
  10. Pandit, Bishnu Hari (July 2001). "Non-Timber Forest Products on Shifting Cultivation Plots (Khoriya): A Means of Improving Livelihood of Chepang Rural Hill Tribe of Nepal". Asia-Pacific Journal of Rural Development 11 (1): 1–14. ISSN 1018-5291. doi:10.1177/1018529120010101. 
  11. "NEFIN - Chepang". nefin.org.np. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. 
  12. "The Chepang people of Chitwan and their conversion to Christianity". kathmandupost.com (en inglés). Consultado o 2020-12-22. 
  13. "Nepal - The people". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2019-01-31. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]