Pobo chócue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa étnico de Angola en 1970
(A área dos chócue e os lunda en cor parda).

O pobo chócue,[1][2] ou chokwe,[3][4] é unha etnia bantú que se concentra sobre todo no nordeste de Angola e nunha larga faixa que desde alá se estende até ao sur do país, pero tamén no extremo suroeste da República Democrática do Congo e no extremo noroeste de Zambia.

Outros nomes[editar | editar a fonte]

Nos tempos coloniais foron adoptadas diversas variantes, algunhas aportuguesadas, outras atribuídas aos pobos chócues, polo que poden aparecer citados na bibliografía como quiocos, chocué, ciokwe, djok, shioko, tchocué, tshokwe, tchokwe e tschiokloe.[5]

Lingua[editar | editar a fonte]

O idioma dos chócue é a lingua chócue, ou chokwe (ISO 639-3: cjk), pero moitos individuos falan hoxe outros idiomas como lingua franca: portugués en Angola (aínda que pouco fóra das cidades), francés na R. D. do Congo, e inglés en Zambia.[6]

Historia[editar | editar a fonte]

Historicamente, os chócue estiveron envoltos no colapso do reino Lunda e, no nordeste de Angola continúan a vivir nunha estreita cohabitación coa etnia lunda. A súa migración cara ao sur, onde moitas veces se estableceron algúns grupos en espazos non utilizados por outras etnias, continuou até mediados do século XX. A cohesión entre ambas as etnias debe moito a unha rede de autoridades tradicionais que inclúe o seu habitat nos países veciños. En termos económicos, a súa base continúa a ser a agricultura de subsistencia, así como a caza. Até o día de hoxe móstranse pouco abertos ao cristianismo, salvo cando pasan a establecerse en contextos urbanos.[7]

Os chócue implicáreonse pouco na guerra anticolonial e na guerra civil angolana. Despois da independencia de Angola, foron a única etnia que, nas dúas primeiras eleccións parlamentarias, conseguiu que foran elixidos deputados dun pequeno partido, o PRS (Partido de Renovação Social), que representa os seus intereses específicos.

Etnoloxía[editar | editar a fonte]

Relixión[editar | editar a fonte]

Na súa relixión tradicional, "Kalunga" é o creador e o poder supremo. Ademais, segundo as descricións etnográficas da primeira metade do século XX, existen os "mahamba", varios espíritos ancestrais (espíritos dos mortos) e espíritos da natureza, que se veneran e que se encontran en cultos dos poseídos. Os espíritos indutores dos cultos son, sobre todo, a serpente da fertilidade, o paxaro da fertilidade ("kajila") e o can sagrado (tamén o león, "kawa, muta" ou "tambwe"). A posesión exprésase nunha enfermidade, moitas veces nunha enfermidade nerviosa. Despois do diagnóstico, o sandador/adiviño coloca ao paciente nun estado de transo e realiza cerimonias que, nalgúns casos, van acompañadas de cantos e música de tambor. Un espírito ancestral especial é o espírito adiviñador ("ngombo"), do cal o adiviño —normalmente masculino— está posuído para practicar a súa actividade. O espírito "chikusa" é un espírito de máscara que subministra fertilidade e sorte na caza. "Kalamba" é unha mente que se sente esquecida e, polo tanto, pode causar unha enfermidade nas persoas para chamar a atención. Debe ser ofrendado, en imaxe, o nunha festa celebrada no seu honor. A estes espíritos tradicionais únense oturos espíritos coloniais, como os europeos chamados "chindele". Os posuídos por el comenzan a bailar en transo cun coitelo e un garfo e ofrendan a comida europea (pan, viño ou augardente).[8]

Arte[editar | editar a fonte]

Desde unha perspectiva etnolóxica, os chócues destacan pola súa tradición artística, particularmente polas súas esculturas e máscaras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "chócue". Dicionário Estraviz. 
  2. "Definição ou significado de chócue no Dicionário Infopédia da Língua Portuguesa com Acordo Ortográfico". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 22 de setembro de 2019. 
  3. "Chokwe". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 23 de setembro de 2019. 
  4. Tamén escrito chókwé, cókwè, tchocué e côkwe, esta última é a forma oficial na lingua chócue, adoptada oficialmente en Angola ao se fixaren as normas para a escrita da lingua.
  5. Paul Lewis (2009). Ethnologue. Languages of the World (en inglés) (Sexta ed.). Dallas, Texas, USA: SIL International. ISBN 978-1-5567-1216-6. Arquivado dende o orixinal o 23-09-2012. Consultado o 22 de setembro de 2019. 
  6. Cokwe en www.ethnologue.com. Consultado o 22 de setembro de 2019.
  7. José Redinha (1975): Etnias e culturas de Angola. Luanda: Instituto de Investigação Científica de Angola.
  8. Beatrix Heintze (1970): Besessenheits-Phänomene im mittleren Bantu-Gebiet. Wiesbaden: Franz Steiner, pp. 20-30.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Augusto Guillerme Mesquitela Lima (1971): Fonctions sociologiques des figurines de culte hamba dans la société et dans la culture tshokwé (Angola). Luanda: Instituto de Investigação Científica de Angola.
  • Boris Westiau (2006): Chokwe. Milano: Cinque Continenti.
  • João Vicente Martins (1997): Os Tutchokwe do Nordeste de Angola. Tese de doutoramento en antropoloxía. Lisboa: Universidade Nova de Lisboa.
  • Jospeh C. Miller (1969): Chokwe Expansion 1850-1900. Madison: Wisconsin University.
  • Joseph C. Miller (1970): "Chokwe trade and conquest", en: Richard Gray & David Birmingham, eds. Precolonial African Trade. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1921-5639-6, pp. 175–201.
  • Manuel Laranjeira Rodrigues de Areia (1985): Les symboles divinatoires: Analyse socio-culturelle d'une technique de divination des Cokwe de l'Angola (Ngombo ya Cisuka). Coimbra: Instituto de Antropologia. Universidade de Coimbra.
  • Manuel Laranjeira Rodigues de Areia (2003): The Chokwe and their Neighbours. Zürich: Jean David & Gerhard Merzeder. ISBN 978-3-9522-4951-2.
  • Manuel Jordán, ed. (1988): Chokwe!: art and initiation among the Chokwe and related peoples. München/New York: Prestel. ISBN 3-7913-1997-3.
  • Marie Louise Bastin (1982): La sculpture tshokwe. Meudon: Alain et Francoise Chaffin. ISBN 978-2-9040-0500-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]