Pobo cabilo
| Pobo cabilo | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O pobo cabilo[6] (en cabilo: Izwawen, Leqbayel ou Iqbayliyen, en árabe: القبائل; al-qabā'il)[7][8] é un pobo bérber nativo de Cabilia, unha rexión do norte de Alxeria, no Cordal do Atlas, a 160 kms ao leste da capital, Alxer. Representan a meirande poboación bérber de Alxeria e a segundo máis grande de África do Norte.
Moitos cabilos emigraron dende Alxeria por diversos factores como a guerra civil alxeriana,[9] a represión cultural por parte do goberno alxeriano central,[10] e a decadencia da industria nacional. A súa diáspora está, maioritariamente, en Francia e, en menor medida, no Canadá (principalmente no Quebec) e nos Estados Unidos.
Os cabilos falan o cabilo, unha lingua bérber. Dende a primavera bérber do ano 1980, estiveron na vangarda da loita polo recoñecemento oficial das linguas bérberes en Alxeria.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra 'cabilo' (en cabilo: Iqbayliyen) é un exónimo, é unha distorsión da palabra árabe qaba'il (قبائل), que significa 'tribos' , ou 'aceptar', o cal após a conquista musulmá foi utilizado para persoas que aceptaron a palabra do Corán.[11] O termo qaba'il era, e é aínda ocasionalmente utilizado por varios pobos en Alxeria para referirse a certas tribos que habitan as montañas, incluíndo o pobo cabilo.[11][12]
O termo utilizado para referirse ós cabilos especificamente era 'Zwawa' ('Izwawen' en cabilo, 'زواوة' en árabe). Este nome foi utilizado dende a era medieval para as tribos da Gran Cabilia, e aparece en importantes obras etnográficas medievais como a de Ibn Khaldún.[13][14] Logo da conquista francesa, estes a miúdo confundían o termo "árabe" e "cabilo" debido ó uso xeneralizado da lingua cabila por todo o país. Malia que inicialmente os franceses utilizaban o termo cabilo para referirse a todos os imazighen, foi máis tarde especificado para designar só o pobo cabilo moderno durante a era colonial, con todo, "zwawa" é aínda o nome máis usado para os cabilos en áreas como o oeste de Alxeria.[15]
Historia
[editar | editar a fonte]O pobo cabilo foi un dos poucos pobos no Magreb que se mantivo independente durante o mandato sucesivo dos cartaxineses, os romanos, os vándalos, os bizantinos, e os turcos otománs.[16][17][18][19][20] Incluso despois da conquista árabe do norte de África, o pobo cabilo mantivo o control sobre as súas montañas.[21][22][20]
Califato Fatimí
[editar | editar a fonte]
Entre o 902 e o 909, despois de converterse ó ismailismo e convencidos polas ideas de Abu Abdallah al-Shi'i,[23] os bérberes de Kutama da Pequena Cabilia contribuíron á fundación do Califato fatimí, cuxo apoio na conquista de Ifriqiya[24] resultou na creación do Califato,[25][26][27][28][29] malia que a dinastía Fatimí gobernante era árabe. Despois da conquista de Ifriqiya os fatimís conquistaron os territorios dos rustámidas de camiño a Sijilmasa, que tamén conquistaron brevemente e onde Abdullāh al-Mahdī Billah, que naquel momento estaba encarcerado, foi despois liberado e logo aceptado como imán do movemento e instalado como califa, converténdose no primeiro califa e no fundador da dinastía reinante.[30][31][32] O historiador Heinz Halm describe o temperán Estado Fatimí como "unha hexemonía dos bérberes de Kutama e Sanhaja sobre o Magreb oriental e central" e o Profesor Loimeier afirma que as rebelións contra os Fatimís eran tamén expresadas por protesta e oposición contra o poder dos Kutama.[33][34] O debilitamento dos Abbásidas permitiu que o poder Fatimí-Kutama se expandise rapidamente e en 959 Ziri ibn Manad, Jawhar o Siciliano e un exército Kutama conquistou Fez e Sijilmasa en Marrocos.[35][34] Durante o reinado de al-Aziz Billah, a función dos Kutamas no exército fatimí estivo moi debilitado, posto que este reduciu significativamente o seu tamaño no exército e incluíu novos grupos socio-militares.[36] En 969 baixo a autoridade de Jawhar, as tropas Kutamas fatimís conquistaron Exipto dende o Ikhsidids, o xeneral Ja'far ibn Fallah foi esencial neste éxito: este liderou as tropas que cruzaron o río Nilo e, segundo al-Maqrizi, capturou as barcas usadas para facer isto dunha frota enviada por homes leais a Ikhshidid dende o sur de Exipto.[37] O xeneral Ja'far entón invadiu Palestina e conquistou Ramala, a capital, a continuación conquistou Damasco, fíxose co control da cidade e máis tarde conquistou a cidade libanesa de Trípoli.[38][39] Foi ao redor deste momento que o Califato fatimí chegou ó seu púnto álxido territorial con 4,100,000 km2.[40]

Dinastía dos Zíridas
[editar | editar a fonte]A dinastía dos Zíridas era unha familia de bérberes sanhadja con orixes nas montañas de Cabilia.[41] Durante o seu reinado estabeleceron o seu mandato sobre o Magreb enteiro e gobernaron tamén partes de Al-Andalus. Tamén houbo unha suzeranía sobre o Emirato de Sicilia polos emires de Kalbite e máis tarde asasinaron ó gobernante e tomaron control da illa.[42] Cando o Emirato de Sicilia foi dividido entre distintas taifas, Ayyub Ibn Tamim chegou á illa e uninas a todas baixo o seu mandato ata que se foi da illa.
Dinastía Hamadita
[editar | editar a fonte]Os hamaditas chegaron ó poder despois de declarar a súa independencia dos zíridas. Conseguiron conquistar terras por todo o Magreb, capturando e posuíndo territorios significativos como Alxer, Béjaïa, Tripoli, Sfax, Susa, Fez, Ouargla e Sijilmasa.[43][44][45] No sur de Tunisia, tamén posuíron varios oasis que eran terminais de rutas comerciais no deserto do Sáhara.[46]
Reino de Ait Abbas e Reino de Kuku
[editar | editar a fonte]Estes dous reinos cabilos lograron manter a súa independencia e participaron en batallas notábeis ó lado da Rexencia de Alxer, como a campaña de Tlemcen e a conquista de Fez. A principos do século XVI, o Sultán Abdelaziz dos Beni Abbes conseguiu derrotar os otománs varias veces, notabelmente na primeira batalla de Kalaa dos Beni Abbes.

Os cabilos foron relativamente independentes do control estranxeiro durante o período do mandato do Imperio Otomán en África do Norte. Viviron principalmente en tres reinos diferentes: o Reino de Kuku, o Reino de Ait Abbas e o principado de Aït Jubar.[47] Cabilia foi a última parte do norte de Alxeria en ser colonizada polos franceses entre os anos 1854–1857, a pesar de resistencia vigorosa da poboación local.[48] Líderes como Lalla Fatma N'Soumer continuaron a resistencia ata a rebelión de Mokrani en 1871.
Os colonialistas franceses inventaron no século XIX o "mito cabilo" que afirmaba que os cabilos estaban máis predispostos que os árabes a asimilarse á "civilización francesa". Lacoste explicou que "converter os árabes en invasores era un xeito de lexitimar a presenza francesa".[49]

As aldeas cabilas estaban gobernadas a través de administración indirecta baseada na conservación de institucións políticas cabilas tradicionais como as asembleas aldeás djemaas. Esta institución xogou unha función central no autogoberno do pobo cabilo.[48] Os djemaas resolvían disputas entre os habitantes da aldea e proclamaban as leis desta.[48] Os axentes franceses confiscaron moita terra das tribos e concedéronllas ós colonos, os cales se fixeron coñecidos como pieds-noirs. Durante este período, os franceses levaron a cabo moitos arrestos e deportacións de disidentes, principalmente a Nova Caledonia no sur do Pacífico. Debido á colonización francesa, moitos cabilos emigraron a outras áreas dentro e fóra de Alxeria.[50] Co tempo, os traballadores inmigrantes tamén empezaron a ir a Francia.
Na década de 1920, uns traballadores inmigrantes alxerianos en Francia organizaron o primeiro partido que promove a independencia de Alxeria. Messali Hadj, Imache Amar, Si Djilani Mohammed e Belkacem Radjef rapidamente construíron un forte seguimento tanto en Francia como en Alxeria na década de 1930. Desenvolveron militantes que deviñan vitais para a loita por unha Alxeria independente. Isto volveuse xeneralizado após a segunda guerra mundial.
Dende que Alxeria gañou a súa independencia en 1962, xurdiron tensións entre os cabilos e o goberno central en varias ocasións. En xullo do 1962, o FLN (Fronte de Liberación Nacional) estaba bastante dividido. De feito, moitas persoas e organizacións que contribuíron á independencia quixeron compartir o poder mais o ELN (Exército de Liberación Nacional) dirixido por Houari Boumédiène e unido por Ahmed Ben Bella, mantivo a súa autoridade debido ás súas forzas militares.
En 1963 o FFS de Hocine Aït Ahmed disputou a autoridade do FLN, o cal se promovía como o partido único na nación. Aït Ahmed e outros consideraron que o goberno central liderado por Ben Bella era autoritario, e o 3 de setembro de 1963, o FFS (Fronte de Forzas Socialistas) foi creado por Hocine Aït Ahmed.[51] Este partido agrupou adversarios do réxime, e uns cantos días após a súa proclamación, Ben Bella enviou o exército a Cabilia a reprimir a insurrección. O coronel Mohand Oulhadj tamén participou no FFS e nos Maquis porque considerou que os muxahidin non foran tratados como merecían polo goberno. No comezo, o FFS quixo negociar co goberno mais xa que ningún acordo foi logrado, os maquis tomaron as armas e xuraron non abandonalas ata que os principios democráticos e a xustiza fosen [a aclaración necesitada] parte do sistema. Mais despois da deserción de Mohand Oulhadj, Aït Ahmed apenas puido soster o movemento e despois do congreso do FLN o 6 de abril do 1964, o cal reforzou a lexitimidade do goberno, foi arrestado en outubro de 1964. Como consecuencia, a insurrección fracasou en 1965 debido á enorme represión por parte das forzas do ALN, baixo a autoridade de Houari Boumédiène. En 1965 Aït Ahmed foi condenado a morte, pero máis tarde Ben Bella perdoouno. Cóntanse aproximadamente 400 mortes entre os maquis.[51]
No ano 1980, organizáronse manifestacións durante varios meses en Cabilia para reclamar o recoñecemento do tamazigh como lingua oficial; este proceso foi chamado a Primavera bérber. En 1994–1995, os cabilos levaron a cabo un boicot escolar, coñecido como a "folga da bolsa escolar". En xuño e xullo de 1998, protestaron, en acontecementos que viraron violentos, como reacción ó asasinato do cantante Matoub Lounès por parte do Grupo Islámico Armado e a pasaxe dunha lei que requería uso da lingua árabe en todos os ámbitos.
Nos meses que seguiron ó abril do 2001 (coñecidos como Primavera Negra), tiveron lugar grandes disturbios entre os cabilos como resposta ó asasinato de Masinissa Guermah, unha moza cabila, por parte da policía. Á súa vez, o activismo organizado deu lugar ó Arouch, e á creación de consellos locais neotradicionais. As protestas desapareceron gradualmente despois de que os manifestantes cabilos gañasen algunhas concesións por parte do presidente Abdelaziz Bouteflika.
O 6 de xaneiro do 2016, o idioma cabilo foi oficialmente recoñecido na constitución de Alxeria como unha lingua igual ó árabe.[52]
Xeografía
[editar | editar a fonte]
A xeografía de Cabilia xogou unha función importante na historia deste pobo. A paisaxe montañosa difícil das provincias de Tizi Ouzou e Bejaia serviron como un refuxio, ó cal a meirande parte dos cabilos se retiraron baixo presión ou ocupación. Foron quen de preservar o seu patrimonio cultural en tal illamento doutras influencias culturais.
A xente da área apoiaba ás dinastías locais (Numidia, Fatimids no Kutama períodos, Zíridas, Hamaditas, e Hafsids de Bejaïa) ou o nacionalismo alxeriano moderno e a guerra de independencia. A rexión foi ocupado repetidas veces por varios conquistadores. Os romanos e os bizantinos controlaron a estrada principal e o val durante a antigüidade e evitaron as montañas (Mont ferratus).[53] Durante o espallamento do islam, os árabes controlaron chairas mais non todas as áreas rurais (eran chamados el aadua: inimigo, polos cabilos).[54]
A Rexencia de Alxer, baixo a influencia otomá, tentou ter influencia indirecta sobre os habitantes da rexión (tribos makhzen de Amraoua, e marabout).[55]
Os franceses gradual e totalmente conquistaron a rexión e montaron unha administración directa.

A lista de provincias alxerianas con poboacións cabilo-falantes significativas inclúen Tizi Ouzou, Béjaïa e Bouira, onde estes son unha maioría, así como Boumerdes, Setif, Bordj Bou Arreridj, e Jijel. Alxer tamén ten unha gran poboación cabila, onde constitúen máis da metade da poboación da capital.
A rexión de Cabilia é coñecida como Al Qabayel ("tribos") pola poboación árabe-falante e como Kabylie en francés. Os seus habitantes indíxenas chámana Tamurt Idurar ("Terra de Montañas") ou Tamurt n Iqbayliyen/Tamurt n Iqbayliyen ("Terra dos cabilos"). Fai parte do Cordal do Atlas e localízase na costa mediterránea.
Cultura e sociedade
[editar | editar a fonte]Lingua
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lingua cabila.
O grupo étnico cabilo fala o cabilo, unha lingua bérber da familia afroasiática. É o idioma amazig con máis falantes de Alxeria.[56] Segundo datos de 2004,[57] era falado por 3 millóns de persoas e ten influencias significativas do árabe, francés, latín, grego, fenicio e púnico, con palabras prestadas do árabe que representan arredor entre o 22,7% e o 46%[58] da totalidade do vocabulario cabilo, con moitas estimacións que o poñen sobre o 35%.[59] Moitos cabilos tamén falan árabe alxeriano e francés.
Durante os primeiros séculos da súa historia, o pobo cabilo utilizou o sistema de escritura líbico amazig (antepasado do moderno tifinagh). A comezos do século XIX, e baixo influencia francesa, os intelectuais cabilos empezaron a utilizar o alfabeto latino. É a base do alfabeto amazig latino moderno.
Despois da independencia de Alxeria, algúns activistas cabilos tentaron revivir o vello alfabeto tifinagh. Esta versión nova do tifinagh foi chamada neotifinagh, mais o seu uso segue a ser limitado. A literatura cabila continuou ser escrita no alfabeto latino.
Relixión
[editar | editar a fonte]O pobo cabilo é principalmente musulmán, cunha pequena minoría cristiá.[60] Existen moitas Zawaya por todas partes na rexión; a orde dos Rahmaniyya é a máis numerosa.
Os católicos de ascendencia cabila xeralmente viven en Francia. Recentemente, a comunidade protestante tivo un crecemento significativo, particularmente entre denominacións evanxélicas.[61]
Literatura
[editar | editar a fonte]O pobo cabilo ten unha rica historia de literatura oral, como o asefru, un tipo de composición poética interpretada polos imusnawen.[62]
Economía
[editar | editar a fonte]A economía tradicional da área baséase na arboricultura (hortas e oliveiras) e na industria de artesanía (tapiz ou olaría). A agricultura en montañas e outeiros gradualmente está deixando paso á industria local (téxtil e agroalimentaria). A mediados do século XX, coa influencia e financiamento da diáspora cabila, desenvolvéronse moitas industrias nesta rexión. Deveu na segunda rexión industrial máis importante no país despois de Alxer.[63]
Política
[editar | editar a fonte]
Os cabilos foron grandes activistas e promotores da causa da identidade bérber. O movemento ten tres grupos internos: aqueles cabilos que se identifican como parte dunha Nación Bérber máis ampla (nacionalismo bérber); os que se identifican como parte da nación alxeriana (coñecidos como "alxerianistas", algúns consideran Alxeria esencialmente como unha Nación Bérber); e quen considera o pobo cabilo como unha nación distinta separada (pero semellante a) doutros pobos bérberes (coñecidos como cabilistas).
- Dous partidos políticos dominan en Cabilia e teñen a súa base de apoio principal alí: a Fronte de Forzas Socialistas (FFS), liderado por Ali Laskri quen substituíu Hocine Aït Ahmed,[64] e a Agrupación para a Cultura e a Democracia (RCD), liderada por Mohcine Belabbès que substituíu Saïd Sadi.[65] Ambos os dous partidos son seculares, nacionalistas bérberes e alxerianistas.
- O Arouch xurdiu durante a Primavera Negra de 2001 como rexurdimento da asemblea aldeá, unha forma de organización democrática tradicional cabila. O Arouch comparte case as mesmas ideas políticas que o FFS e o RCD.
- O Movemento para a Autonomía de Cabilia (MAK), tamén xurdido durante a Primavera Negra. Reivindicaba o dereito dunha autonomía rexional de Cabilia. O 21 de abril do 2010, MAK proclamou un Goberno Provisional de Cabilia no exilio (ANAVAD). Ferhat Mehenni foi elixido presidente polo Consello Nacional do MAK.[66] En 2013, o MAK oficialmente converteuse nun movemento independentista e mudou o seu nome ó Movemento para a Autodeterminación de Cabilia.
Diáspora
[editar | editar a fonte]Por razóns históricas e económicas, moitos cabilos emigraron a Francia, tanto por motivos laborais como para fuxir da persecución política. Representan ao redor de 1 millón de persoas vivindo nese país..[67][68] Algunhas persoas francesas notábeis son de ascendencia total ou parcial cabila.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maddy-Weitzman, Bruce (2018-09-20). Rowe, Paul S, ed. "The Berbers (Amazigh)". Routledge Handbook of Minorities in the Middle East (en inglés): 314. ISBN 9781315626031. doi:10.4324/9781315626031-23.
- ↑ Maddy-Weitzman, Bruce (2015-12-30). "Berbers (Amazigh)". En Smith, Anthony D; Hou, Xiaoshuo; Stone, John; Dennis, Rutledge. The Wiley Blackwell Encyclopedia of Race, Ethnicity, and Nationalism (en inglés). Oxford, UK: Wiley. p. 1. ISBN 978-1-118-66320-2. doi:10.1002/9781118663202.wberen411. Consultado o 2022-12-23.
- ↑ "Rapport du Comité consultatif pour la promotion des langues régionales et de la pluralité linguistique interne (2013)". www.culture.gouv.fr (en francés). Consultado o 2022-12-25.
- ↑ Chaker, S. (2004-05-01). "Kabylie : La langue". Encyclopédie berbère (en francés) (26): 4055–4066. ISSN 1015-7344. doi:10.4000/encyclopedieberbere.1431.
- ↑ "Knowledge of languages by age and gender: Canada, provinces and territories, census divisions and census subdivisions". Census Profile, 2021 Census. Statistics Canada Statistique Canada. 7 de maio de 2021. Consultado o 3 de xaneiro de 2023.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabilo.
- ↑ "Centre de Recherche Berbère – Ecriture: Libyque & tifinagh". www.centrederechercheberbere.fr. Consultado o 2021-04-18.
- ↑ Lanfry, Jacques (1978). "Les Zwawa (Igawawen) d'Algérie centrale (essai onomastique et ethnographique)". Revue des mondes musulmans et de la Méditerranée 26 (1): 75–101. doi:10.3406/remmm.1978.1825.
- ↑ "The Kabyle Berbers, AQIM and the search for peace in Algeria | Algeria | al Jazeera".
- ↑ Amazigh-state relations in Morocco and Algeria Arquivado 2020-03-23 en Wayback Machine.
- 1 2 Benrabah, Mohamed (2013-05-16). Language Conflict in Algeria: From Colonialism to Post-Independence (en inglés). Multilingual Matters. ISBN 978-1-84769-965-7.
- ↑ Lowi, Miriam R. (2009-11-12). Oil Wealth and the Poverty of Politics: Algeria Compared (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-1-139-48175-5.
- ↑ Chachoua, Kamel (2000). Zwawa et zawaya: l'islam "la question kabyle" et l'État en Algérie. Autour de la Rissala, épître, "Les plus clairs arguments qui nécessitent la réforme des zawaya kabyles", d'Ibnou Zakri (1853–1914), clerc officiel dans l'Algérie coloniale, publiée à Alger, aux Editions Fontana en 1903 (en francés). Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales.
- ↑ Roberts, Hugh (2014-08-19). Berber Government: The Kabyle Polity in Pre-colonial Algeria (en inglés). Bloomsbury Publishing. ISBN 978-0-85772-420-5.
- ↑ Mustapha, Tidjet. Dictionnaires des patronymes Algériens (PDF) (en francés e Berber languages). Alxer: Office des publications universitaires. p. 64. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de novembro de 2024.
- ↑ Eur. The Middle East and North Africa: páx 156. Psychology Press. ISBN 9781857431322.
- ↑ Walmsley, Hugh Mulleneux (1858). "Sketches of Algeria During the Kabyle War By Hugh Mulleneux Walmsley: páx 118".
- ↑ Wysner, Glora M. (30 de xaneiro de 2013). The Kabyle People By Glora M. Wysner. Read Books. ISBN 9781447483526.
- ↑ The Encyclopedia Americana, Volume 1: páx 568. Grolier. 1990. ISBN 9780717201211.
- 1 2 "The Conquest of Kabylia.". Perth Gazette and Independent Journal of Politics and News. 1859-04-08. Consultado o 2023-10-06.
- ↑ "The art journal London, Volume 4: páx 45". 1865.
- ↑ Field, Henry Martyn (1893). "The Barbary Coast By Henry Martyn Field: páx 93".
- ↑ Africa, Unesco International Scientific Committee for the Drafting of a General History of (1992). Africa from the Seventh to the Eleventh Century (en inglés). J. Currey. p. 164. ISBN 978-0-85255-093-9.
- ↑ Daftary, Farhad (2012). Historical Dictionary of the Ismailis (en inglés). Scarecrow Press. p. 3. ISBN 978-0-8108-6164-0.
- ↑ The Shi'i World: Pathways in Tradition and Modernity
- ↑ Nanjira, Daniel Don (2010). African Foreign Policy and Diplomacy from Antiquity to the 21st Century (en inglés). ABC-CLIO. p. 92. ISBN 978-0-313-37982-6.
- ↑ Fage, J. D. (1958). An Atlas of African History (en inglés). E. Arnold. p. 11.
- ↑ International Journal of Economic and Social History, Volume 8
- ↑ Chroniques des années algériennes
- ↑ Gall, Timothy L.; Hobby, Jeneen (2009). Worldmark Encyclopedia of Cultures and Daily Life: Africa (en inglés). Gale. p. 329. ISBN 978-1-4144-4883-1.
- ↑ Studies, American University (Washington, D. C. ) Foreign Area (1979). Algeria, a Country Study (en inglés). [Department of Defense], Department of the Army. p. 15.
- ↑ Orientalia, Volumes 54–55
- ↑ Halm, Heinz (2014). "Fāṭimids". In Fleet, Kate; Krämer, Gudrun; Matringe, Denis; Nawas, John; Rowson, Everett (eds.). Encyclopaedia of Islam, THREE. Brill Online. ISSN 1873-9830.
- 1 2 Muslim Societies in Africa: A Historical Anthropology – Roman Loimeier Indiana University Press,
- ↑ Heinz Halm (1996). Der Nahe und Mittlere Osten. BRILL. p. 399. ISBN 90-04-10056-3.
- ↑ Lev, Ya'acov (2022-02-22). War and Society in the Eastern Mediterranean, 7th–15th Centuries (en inglés). BRILL. p. 145. ISBN 978-90-04-47447-5.
- ↑ Lev, Yaacov (1979). "The Fāṭimid Conquest of Egypt — Military Political and Social Aspects". Israel Oriental Studies. 9: 315–328. ISSN 0334-4401.
- ↑ First Crusader: Byzantium's Holy Wars
- ↑ The Asiatic Journal and Monthly Register for British India and Its Dependencies, Volume 24 Black, Parbury, & Allen,
- ↑ Turchin, Peter; Adams, Jonathan M.; Hall, Thomas D (decembro de 2006). "East-West Orientation of Historical Empires". Journal of World-Systems Research. 12 (2): 222. ISSN 1076-156X
- ↑ A History of Africa – J.D. Fage: páx 166
- ↑ The Cambridge History of Africa, Volume 3 – J.D. Fage: páx 16
- ↑ Saladin, the Almohads and the Banū Ghāniya: The Contest for North Africa: Pg 42
- ↑ Islam: Art and Architecture: Pg 614
- ↑ Historical Dictionary of the Berbers (Imazighen): Pg 55 & 56
- ↑ Nomads and Crusaders, A.D. 1000–1368 By Archibald Ross Lewis
- ↑ E. J. Brill's First Encyclopaedia of Islam, 1913–1936, Volume 4, publié par M. Th. Houtsma, Page: 600
- 1 2 3 Laidani, Amar. (2019). The recognition of the Tamazight Languages in the Algerian Law. Studia Universitatis Babeş-Bolyai Iurisprudentia.
- ↑ Davis, Diana K. (2007-09-11). Resurrecting the Granary of Rome: Environmental History and French Colonial Expansion in North Africa (en inglés). Ohio University Press. ISBN 978-0-8214-1751-5.
- ↑ Bélaïd Abane, L'Algérie en guerre: Abane Ramdane et les fusils de la rébellion, p. 74
- 1 2 Monbeig, Pierre (1992). "Une opposition politique dans l'impasse. Le FFS de Hocine Aït-Ahmed". Revue du monde musulman et de la Méditerranée 65 (1): 125–140. ISSN 0997-1327. doi:10.3406/remmm.1992.1560.
- ↑ "AVANT PROJET DE REVISION DE LA CONSTITUTION" (PDF). Algeria Press Service. 6 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de maio de 2019.
- ↑ "Ebook LA KABYLIE ORIENTALE DANS L'HISTOIRE – Pays des Kutuma et guerre coloniale de Hosni Kitouni". www.harmatheque.com. Consultado o 2016-11-29.
- ↑ Abdelfettah Lalmi, Nedjma (2004-01-01). "Du mythe de l'isolat kabyle". Cahiers d'Études Africaines (en francés) 44 (175): 507–531. ISSN 0008-0055. doi:10.4000/etudesafricaines.4710.
- ↑ Universalis, Encyclopædia. "KABYLES". Encyclopædia Universalis. Consultado o 2016-11-29.
- ↑ Jane E. Goodman (3 de novembro de 2005). Berber Culture on the World Stage: From Village to Video. Indiana University Press. p. 7. ISBN 0-253-11145-5.
- ↑ Leclerc, Jacques (5 de abril de 2009). "Algérie: Situation géographique et démolinguistique". L'aménagement linguistique dans le monde (en francés). Université Laval. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 8 de xaneiro de 2010.
- ↑ Kossmann, Maarten (2013-07-18). The Arabic Influence on Northern Berber (en inglés). BRILL. p. 98. ISBN 978-90-04-25309-4.
- ↑ Baldauf, Richard B.; Kaplan, Robert B. (2007-01-01). Language Planning and Policy in Africa (en inglés). Multilingual Matters. ISBN 978-1-84769-011-1.
- ↑ Abdelmadjid Hannoum, Violent Modernity: France in Algeria, Page 124, 2010, Harvard Center for Middle Eastern studies, Cambridge, Massachusetts.Amar Boulifa, Le Djurdjura à travers l'histoire depuis l'Antiquité jusqu'en 1830 : organisation et indépendance des Zouaoua (Grande Kabylie), Page 197, 1925, Algiers.
- ↑ Lucien Oulahbib, Le monde arabe existe-t-il ?, page 12, 2005, Editions de Paris, París.
- ↑ Mammeri, Mouloud (1980). Poèmes kabyles anciens.
- ↑ "Tmurt Iqvayliyen ass-agi", Maxime Ait Kaki
- ↑ https://www.euronews.com/2012/05/12/election-hit-by-irregularities-says-algerian-opposition-leader Arquivado 2020-12-17 en Wayback Machine., Euronews, "Election hit by irregularities, says Algerian opposition leader", www.euronews.com, 12 de maio de 2012, consultado o 5 de outubro de 2020
- ↑ "Mohcine Belabbès : "Si le tribunal me convoque, je répondrai présent"". Algérie Patriotique (en francés). 2020-09-29. Consultado o 2023-07-07.
- ↑ www. kabylia-gov.org, Kabylia Government website
- ↑ Salem Chaker, "Pour une histoire sociale du berbère en France" Arquivado 2012-11-12 en Wayback Machine., Les Actes du Colloque Paris – Inalco, Octobre 2004
- ↑ James Minahan, Encyclopedia of the Stateless Nations: D-K, Good Publishing Group, 2002, p.863. Quote: "Outside North Africa, the largest Kabyle community, numbering around 1 million, is in France."
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo cabilo |